From Wikipedia, the free encyclopedia
Karlsborg é un concello sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é Karlsborg. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 6 999 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland | ||||
Capital | Karlsborg (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.018 (2024) (8,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 797,31 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 54601–54695 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | karlsborg.se | ||||
A paisaxe da zona que conforma o municipio é moi variada. No norte hai unha costa montañosa mentres que as áreas do sur son moito máis chas. O municipio é principalmente coñecido polas súas instalacións militares, como o Rexemento Real de Húsares (K 3) e o fabricante de munición Nammo Vanäsverken AB.
A área do concello correspóndese coa das parroquias de Brevik, Mölltorp e Undenäs. Nelas fundáronse concelllos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. En 1885 fundouse o municipio rural de Karlsborg ao separarse dos de Mölltorp e Undenäs.
O 30 de maio de 1941 estableceuse a localidade municipal de Mölltorp no concello rural do mesmo nome.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse na zona tres grandes concellos: Mölltorp (a partir de Brevik, Mölltorp e Ransberg), Karlsborg (sen cambios) e Undenäs (de Halna e Undenäs). En 1959 disolveuse a localidade municipal de Mölltorp.
O concello de Karlsborg fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural de Karlsborg e de partes dos concellos rurais de Mölltorp (as parroquias de Brevik e Mölltorp) e Undenäs (a parroquia de Undenäs).[3]
Dende a súa fundación ata 2009 o concello pertenceu ao partido xudicial de Mariestad och kommunen ingår sedan 2009 i Skaraborgs domsaga.[4]
O concello está situado na parte nordés do landskap de Västergötland, na ribeira oeste do lago Vättern. Ao norte limita cos concellos de Laxå e Askersund no condado de Örebro, ao leste, no outro lado do Vättern, limita cos municipios de Motala e Vadstena, no condado de Östergötland. Ao sur limita co concello de Hjo e ao oeste cos de Tibro e Töreboda.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.