From Wikipedia, the free encyclopedia
Complexo de Electra é o término proposto en 1912 polo psiquiatra e psicólogo suízo Carl Gustav Jung para designar a contrapartida feminina do complexo de Edipo.[1] Consiste na atracción afectiva dunha filla pola súa figura paterna. De todos modos, a diferenza do complexo de Edipo freudiano, Jung non realizou unha aproximación completamente biolóxica nin universal ao complejo, polo que non debe definirse en términos taxativos.[2][3]
Segundo a mitoloxía grega, Electra, filla de Agamenón (rei de Micenas) e Clitemnestra, vingou ao seu pai, quen foi asasinado por Egisto, amante de Clitemnestra, ou en outros mitos, poa mesma Clitemnestra. Electra animou o seu irmán Orestes para que asasinara a Egisto e a súa nai, asasinos do seu pai.
Segundo Jung, o complexo de Electra é común nas rapazas nalgún momento da súa infancia aínda que, nalgunhas ocasións, vaí máis aló. A fixación afectiva o enamoramento cara o pai pode xerar unha situación de rivalidade coa nai. Suponse que é unha dinámica normal no desenvolvemento das rapazas, que pode observarse a partir dos 3 anos e que tende a resolverse de xeito natural.
O sindrome de electra diferenzasedo de Edipo en que esta circunstancia é menos clara e pasa máis inadvertida xa que as rapazas teñen un vínculo moi estreito coas súas nais, polo que non é sinxelo manter a competitividad con esta.
Na mellor resolución do complexo producese unha predilección da rapaza cara o pai. Con todo, nos casos patolóxicos pode acontecer o contrario, que a cativa abandone ao pai por sentirse defraudada polo rexeitamento.[3]
Desde o punto de vista psicanalítico, se comparamos ambos compxejos, estes mostran diferenzasí. A continuación veremos as características diferenciales:[4]
En parte é lógico que a rapaza chegue a dicir que se quere “casar con papá”, porque é a súa referencia amorosa xa que é o único home que coñece e que, por imitación a súa nai, desexa o mesmo. Debido a isto, os pais deben axudarlle a comprender a prohibición do incesto y el complejo de castración; soamente así poderánse determinar os roles parentais.
Se todo acontece de forma correcta, a rapaza asume a súa derrota, recoñece que a nai é a preferida, e comezará a procura doutro amor. Polo contrario, se non se cede ante a evidencia pode aparecer unha anomalía patolóxica. Por iso para poder curarse segundo o tratamento psicoterapéutico a afectada debe aceptar a súa atracción y superala.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.