empresa de transporte público da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
A Compañía de Tranvías da Coruña, S.A. é unha empresa galega de transportes que proporciona o servizo de transporte público urbano na cidade da Coruña, en réxime de concesión municipal.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Compañía de Tranvías da Coruña | |
---|---|
Autobús urbano | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1 de xaneiro de 1903 |
Localización | Avda. Gran Canaria, sn A Coruña Galiza |
Fundador | Familia Prada Muradás[1] |
Persoas clave | José Antonio Prada[1] |
Industria | Transporte de viaxeiros |
Beneficio | 22,3 millóns de euros (en 2013)[1] |
Beneficio operativo | 4,7 millóns de euros (en 2013)[1] |
Beneficio neto | 3,4 millóns de euros (en 2013)[1] |
Número de empregados | 229 (en 2013)[1] |
Na rede | |
https://www.tranviascoruna.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Compañía de Tranvías foi creada en 1903 cun servizo entre Porta Real e a Estación de Norte mediante tranvías tirados por mulas. Tiña ramais a Riazor e ás cocheiras. Debido aos malos resultados económicos dos anos anteriores, en 1907 fíxose coa xestión do servizo unha compañía belga. Nese tempo instalouse unha vía dobre nos Cantóns para evitar a conxestión do tráfico nos cruzamentos e comezaron tamén as obras do ramal Travesía da Primavera (hoxe rúa do alcalde Marchesi) - Ponte de Monelos. A creba económica desta compañía fixo que a Compañía de Tranvías retomase a xestión dous anos despois.
Os primeiros proxectos de electrificación das liñas chegaron en 1911, de xeito que dous anos despois a tracción eléctrica substituíse por completo a tracción animal. Nese tempo, a frota de mulas acadaba a cifra de 50 cabezas. En 1915 comezouse a construír a liña a Sada.
En 1916 Pedro Barrié de la Maza, até entón membro do consello de administración, accedeu á presidencia.
O 31 de decembro de 1922 inaugurouse o tranvía ata Sada.[2][3]
Durante a guerra civil española paralizáronse os servizos durante un ano coas conseguintes perdas económicas.
En 1947 a compañía logrou o récord histórico de viaxeiros, con máis 16 millóns de persoas tranportadas[4]. Nesa década comezaron a desaparecer os tranvías, coa primeira liña servida por trolebús entre a Praza de Pontevedra e Monelos en 1948. En 1949 desapereceu a liña de tranvía pola rúa de Santo André e o último servizo de tranvía desapareceu en 1962. Tres anos despois chegou a primeira liña de autobús entre a Praza de Pontevedra e a Ponte Pasaxe substituíndo os trolebuses, que fixeron o último servizo en 1979.
A finais dos anos 80 tivo lugar unha das maiores reestruturacións das liñas debido á forte baixada do uso do bus urbano en favor do vehículo particular. Foi tamén nesa década cando se produciu a unificación cromática na carrocería dos buses que deu como resultado a característica cor vermella actual. Posteriormente, tamén se irían unificar, de xeito progresivo, a estética das marquesiñas.
Durante o mandato de Francisco Vázquez houbo o primeiro intento de implantación por parte do Concello dun carril bus pola rúa de Santo André, obra que finalmente sería retirada por mor das queixas veciñais. En 1997 inaugurouse a primeira liña de tranvía histórico (con dúas unidades en servizo, mais outra desde 2001) con fins turísticas que percorría o paseo marítimo entre o Castelo de Santo Antón e a Torre de Hércules e que dous anos despois foi estendido até a rotonda do paseo marítimo coa rúa Curros Enríquez.
A finais dos anos 90 o Concello puxo en marcha a primeira tarxeta con chip dixital de bonobús recargábel en colaboración con Caixa Galicia, motivo polo cal foron eliminados os billetes bono-bus vixentes até entón. Ademais, en 1998, puxéronse en servizo os primeiros autobuses adapatados para persoas con mobilidade reducida.
No primeiro lustro do século XXI o Concello puxo en marcha a tarxeta-moedeiro municipal multiúsos (carné das biliotecas municipas, pago da ORA, bonobús...) chamada Millennium. A instauración desta tarxeta multiúsos significou a progresiva desaparición da existente con anterioridade, de uso exclusivo para o pago de viaxes en bus. Após 2005, a tarxeta Millenium foi integrada no recentemente creado Sistema de Transporte Metropolitano de Galicia.
En 2003, co motivo do centenario da empresa o Concello inaugurou na rotonda de Porta Real un pequeno monumento conmemorativo. Este mesmo ano, introdúcese o sistema de control por satélite da frota.
Durante a etapa do goberno bipartito PSdeG-PSOE - BNG no Concello, foron introducidos importantes cambios e procesos de modernización:
Coa chegada do Partido Popular ao goberno municipal en 2011 varias das medidas anteriores foron anuladas e producíronse, de novo, importantes cambios:
En 2014 a empresa levou 20,9 millóns de viaxeiros[10].
Actualmente a CTC conta cunha frota estable e permanente de aproximadamente 93-94 autobuses (as incorporacións non engrosan a frota, senón que substitúen as unidades máis antigas). O patrimonio da empresa foi valorado en 2013 en 18 millóns de euros[1].
En decembro de 2009 incorpóranse dez novas unidades MAN, con melloras en canto a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e discapacitados, respecto ó medio ambiente tanto en emisións atmosféricas como no nivel de ruído, e visualización da información.
No mes de setembro de 2012, outros oito autobuses substitúen outros tantos da frota coruñesa. Trátase de autocares MAN, de novo deseño para o que estabamos acostumados e cunhas características técnicas e tecnolóxicas que veñen mellorar todo o anterior. Cinco deses buses son ríxidos e os tres restantes son articulados. Presentados o 25 de setembro en María Pita, ó día seguinte xa rodaban pola cidade.
Dentro das melloras e novidades máis salientables desta nova remesa, destaca a nova estética da carrozaría tipo Lion's City, a apertura electrónica das dúas portas traseiras, novos asentos e configuracións interiores, un novo sistema de ramplas de funcionamento máis fiable e o detalle estrela en canto á información visible para o usuario: os novos paneis de leds no frontal superior, con número (na súa cor correspondente) e as cabeceiras da liña de cada bus. Estes paneis xa se foron instalando progresivamente tamén en tódolos buses de anteriores xeracións en activo.
Máis recentemente, en 2014 e 2015, Tranvías da Coruña incorporou á frota 4 MAN máis e como aliciente, 12 unidades (3 delas articuladas) do novo e afamado modelo Citaro C2, da casa Mercedes Benz. Isto permite dar de baixa definitivamente ós tres últimos buses existente con escaleiras de acceso (tres articulados). Deste xeito, e xunto coa "accesibilización" (con ramplas manuais) de 13 dos máis antigos vehículos, pódese dicir xa que no 2016 a frota de autobuses de Tranvías da Coruña será ó fin 100% accesible.
|
A rede está formada por 592 paradas ao longo da cidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.