From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrew Colin Renfrew, nado en Stockton-on-Tees o 25 de xullo de 1937, que asina Colin Renfrew, é un arqueólogo británico. O seu nome vai ligado á hipótese anatólica sobre a Urheimat (patria orixinaria) dos indoeuropeos (Teoría da continuidade), segundo a cal os proto-indoeuropeos terían xurdido entre o VII e o VI milenio a. C. en Anatolia e desde alí se terían espallado, por irradiación cultural e non por migración física, cara Europa, difundindo as conquistas da Revolución agropecuaria do Neolítico. A hipótese de Renfrew oponse a alternativa kurgánica de Marija Gimbutas.
Renfrew despois de estudar en St Albans (Hertfordshire), entre 1956 e 1958 prestòou servizo militar na Royal Air Force. Unha vez licenciado, asistíu aos cursos de Arqueoloxía e de Antropoloxía no St John's College da Universidade de Cambridge, na que se graduou no ano 1961. No 1965 defendeu a súa tese de doutoramento: Neolithic and Bronze Age cultures of the Cyclades and their external relations ("As culturas neolíticas e da Idade de Bronce das illas Cícladas e as súas relacións externas") e casou con Jane M. Ewbank.
Desde 1965 foi investigador adscrito ao departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade di Sheffield. Entre 1968 e 1970 dirixiu escavacións arqueolóxicas en Sitagroi, Grecia. No ano 1972 obtivo a cátedra de Arqueoloxía na Universidade de Southampton, pasando a dirixir de seguido escavacións nas illas Orcadas (Gran Bretaña) e máis en Milos, Grecia. Máis tarde volveu a Sitagroi, onde traballou con Marija Gimbutas.
En 1981 foi chamado pola Universidade de Cambridge, na cal ensinou arqueoloxía até o ano da súa xubilación (2001). No 1990 tornouse director do Instituto de Investiagación Arqueolóxica "McDonald". Desde 2004 é presidente do Managing Council for the British School en Atenas.