deseñadora de alta costura francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Coco Chanel, nada en Saumur o 19 de agosto de 1883 co nome de Gabriell Chanel e finada en París o 10 de xaneiro de 1971, foi unha deseñadora de alta costura francesa, fundadora da marca chanel. É a única diseñadora de moda que figura na lista das cen persoas máis influentes do século XX da revista Time. Foi unha das modistas máis prolíficas da historia, e unha das máis innovadoras durante a Primeira guerra mundial. Produciu unha ruptura coa opulenta e pouco práctica elegancia da Belle Époque e creou unha liña de roupa informal, sinxela e cómoda.
(1931) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Gabrielle Chasnel 19 de agosto de 1883 Saumur, Francia |
Morte | 10 de xaneiro de 1971 (87 anos) Hôtel Ritz Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Bois-de-Vaux Cemetery (en) |
Outros nomes | Coco Chanel |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda e jewelry design (en) |
Lugar de traballo | París (1909–1971) |
Ocupación | deseñador de moda, modista, deseñadora de alta costura, executiva, deseñadora téxtil, diseñador de vestuario |
Empregador | Chanel |
Participou en | |
1940 | WWII Axis collaboration in France (en) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Étienne Balsan Boy Capel Hans Günther von Dincklage Dmitri Pavlovich |
Pais | Albert Chanel e Jeanne Devolle |
Parentes | André Palasse, sobriño |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, TheaterEncyclopedie (en) |
Páxina web | chanel.com |
|
Consolidouse tamén como deseñadora de bolsos, perfumes, sombreiros e xoias. O seu famoso traxe sastre feminino de tweed reberetado converteuse nunha icona da elegancia feminina, e o seu perfume Chanel nº5 é un produto mundialmente coñecido.
Gabrielle Chanel naceu no hospicio xeral de Saumur, no hospital público da cidade que xestionaban as irmás da providencia. [1] [2] Cando só tiña 12 anos, súa nai morreu e seu pai internouna, xunto coas súas dúas irmás, nun orfanato de monxas. Este afastamento encheu de soidade a vida de Gabrielle Bonheur Chanel. Aos 22 anos converteuse en cantante de cabaret e comezou a se inspirar para facer realidade o seu degoxo de ser modista.
No mundo do cabaret e das esmorgas Gabrielle Bonheur Chanel coñeceu moitos homes e converteuse en amante duns cantos. Cun destes homes marcha a París. Na capital francesa, polo ano 1909, abriu o seu primeiro establecemento. Era unha tenda de chapeus no Boulevard de Malesherbes, e púxolle o nome de Chanel Modes. Foi a primeira experiencia desta gran creadora do mundo da moda. Coñeceu artistas e escritores de gran renome.
As creacións de Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel), ademais de ser deseños orixinais e cun gran toque distintivo, sempre tiveron o sino de facer a vida das mulleres máis doada. Daquela, unha muller que se adobiaba tiña que levar enfeites, grandes chapeus e corpiños moi cinguidos no van para facer resaltar o peito. Até non poderen alentar! Ela ceibounas de todo isto; podendo levar roupa máis cómoda, liñas rectas e sinxelas que tamén eran ben elegantes.
Adóitase considerar que a revolucionaria deseñadora foi a introdutora do costume de dar á pel a tonalidade do bronce -o bronceado- a mediados dos anos 20 cando, despois dunha xornada de navegación, decátase que o sol lle encourara a pel. Á noite, como habitualmente, foi o centro de atención dunha festa, onde compareceu cun vestido lixeiro que combinaba ostensiblemente co moreno da súa pel. Tomar o sol converteuse nunha das actividades estivais preferidas.[3]
Ademais de ser unha deseñadora revolucionaria da moda feminina, Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel) fixo unha exitosa incursión no mundo dos perfumes. Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel) encarregou un recendo especial e sofisticado ao creador Ernest Beaux. O perfumista fíxolle testar 10 probas que preparara. Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel) quedou seducida pola que levaba o número 5, unha fórmula máxica que dende aquela non deixou de se vender en todo o mundo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.