UCAM Murcia CB
From Wikipedia, the free encyclopedia
O UCAM Murcia Club Baloncesto, S.A.D.,[1] onde UCAM fai referencia á Universidad Católica de Murcia, é un equipo de baloncesto profesional español con sede na cidade de Murcia. Fundado en 1985, actualmente compite na liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O UCAM Murcia xoga os seus partidos como local no Palacio de Deportes de Murcia, pavillón con capacidade para 7 454 espectadores.[2]
UCAM Murcia | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 1985 |
Historia | AD Juver (1985−1993) CB Murcia (1993−2013) |
Cores | Vermello, amarelo |
Presidente | José Luis Mendoza |
Adestrador | Sito Alonso |
Patrocinador | UCAM |
Localización | |
Cidade | Murcia, España |
Pavillón | Palacio de Deportes |
Capacidade | 7 454 |
Inauguración | 1994 |
Campionatos | |
Liga LEB | 3 (1998, 2003, 2011) |
Príncipe | 1 (2006) |
ucammurcia.com |
Traxectoria
O equipo naceu en 1985 baixo o nome de Agrupación Deportiva Juver. Sendo Juver, empresa elaboradora de zumes, o patrocinador principal do equipo. A empresa murciana foi o espónsor do conxunto ata a temporada 1992−93. O equipo comezou a súa andaina en categoría autonómica. Na temporada 1985−86 adquiriu os dereitos federativos do Logos de Madrid para militar na Primeira División B, participando nesta categoría durante catro anos. Nos play-offs finais da temporada 1989−90 ascendeu á liga ACB logo de proclamarse campión ao vencer o Obradoiro. Posteriormente demostrouse que realizou unha aliñación indebida, falsificando a ficha de Esteban Daniel Pérez Beltrán, e cuxa identidade verdadeira era Esteban Daniel Pérez Spatazza, internacional arxentino. Finalmente, a ACB e a FEB, ascenderon o equipo.
Na Liga ACB permaneceu seis anos consecutivos. Na etapa correspondente a 1993−94, produciuse un cambio na imaxe corporativa do club. O equipo pasouse a denominar simplemente C.B. Murcia e as cores do uniforme pasaron a ser vermellas. Na temporada 1995−96 o club organiza a fase final da Copa do Rei, acadando o Murcia as semifinais após perder por cinco puntos ante o TDK Manresa de Joan Creus. O equipo catalán finalmente foi quen de gañar a Copa ao vencer ao FC Barcelona. Na temporada 1996−97 o equipo volveu descender á Liga LEB. Non tardaría, porén, en volver á máxima categoría do baloncesto español, xa que na temporada seguinte se proclamou campión desta Liga e ascendeu de novo á ACB. Nesta etapa houbo un cambio de patrocinador e o equipo pasou a chamarse Murcia Artel. Durante a temporada 1998−99 participou na ACB cun novo patrocinador, denominándose Recreativos Orenes Murcia. Con todo, o equipo tan só permanece unha temporada antes de regresar á LEB.
En LEB, a partir do ano 2000, o club adopta o nome de Etosa Murcia. Na temporada 2002−03 o equipo proclamouse campión da LEB e consegue de novo o cobizado ascenso á ACB. A temporada 2003−04, novena do club na ACB, comezou cun nuevo espónsor, Polaris World, e co obxectivo de estabilizar o club na máxima competición estatal. Porén, tras unha temporada nefasta, o club volta á Liga LEB. Nela disputaría as dúas seguintes temporadas, nas que o club cambiou de mans. A empresa murciana Polaris World comprou as accións do club ao até entón presidente, Juan Valverde, e fíxose cargo do equipo, sendo o presidente do club Salvador Hernández. Na temporada 2005−06, o club gaña a Copa Príncipe e consegue o ascenso á ACB, pechando por todo o alto o vixésimo aniversario do nacemento do Club.
Tras atinxir a permanencia dous anos na máxima categoría, na temporada 2008-09 o patrocinador Polaris World sae do club. Este ano o club está a piques de regresar á LEB, con todo, grazas a unha vitoria o 9 de maio ante o CAI Zaragoza por 59−60, puido manter a categoría tras unha temporada moi difícil no plano económico. Estas dificultades levaron ao descenso do club na seguinte temporada. Na temporada 2010−11 o Murcia acaba por terceira vez como campión da LEB, logrando o ascenso directo á Liga ACB,[3] categoría na que permanece desde estón. Cómpre destacar que en 2013 o club pasa ser propiedad da Universidade Católica de Murcia, que muda o nome do club a UCAM Murcia CB.
Patrocinios
Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Júver Murcia (1985–1993)
- CB Murcia Artel (1997–1998)
- Recreativos Orenes CB Murcia (1998−1999)
- Etosa Murcia (2000−2003)
- Polaris World Murcia (2003−2008)
- UCAM Murcia (2011–presente)
Xogadores
Cadro actual
UCAM Murcia 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
José Ángel Antelo
Carlos Cabezas
Rodrigo San Miguel
Yanick Moreira
Facundo Campazzo
Federico Kammerichs
Federico Van Lacke
David Barlow
Vítor Benite
Vítor Faverani
Augusto Lima
Raulzinho Neto
Bojan Bogdanović
Kim Tillie
Anton Gavel
Goran Dragić
Michael Anderson
James Augustine
Marcus Fizer
Clarence Kea
Matt Nover
Mike Phillips
Johnny Rogers
Lou Roe
Andre Turner
Donatas Slanina
Tomas Delininkaitis
Martynas Pocius
Blagota Sekulić
Ime Udoka
Thomas Kelati
Miloš Vujanić
Adestradores
A seguinte é unha lista dos adestradores do UCAM Murcia desde a súa fundación.
Felipe Coello (1985–1991)
Moncho Monsalve (1991)
Clifford Luyk (1991)
Fernando Sánchez Luengo (1991)
Felipe Coello (1991–1992)
Iñaki Iriarte (1992−1993)
Moncho Monsalve (1993)
José María Oleart (1993–1996)
Ricardo Hevia (1996−1997)
Alberto Sanz (1997)
Felipe Coello (1997–1998)
Manolo Flores (1998–2000)
Pepe Rodríguez (2000–2002)
José María Oleart (2002)
Felipe Coello (2002–2004)
Miguel Ángel Martín (2004)
Iván Déniz (2004–2005)
Chete Pazo (2005)
Manel Comas (2005–2006)
Manolo Hussein (2006–2009)
Moncho Fernández (2009)
Edu Torres (2009–2010)
Luis Guil (2010–2012)
Óscar Quintana (2012–2014)
Marcelo Nicola (2014)
Diego Ocampo (2014–2015)
Fotios Katsikaris (2015–2016)
Óscar Quintana (2016–2017)
Fotios Katsikaris (2017)
Ibon Navarro (2017–2018)
Javier Juárez (2018–2019)
Sito Alonso (2019–presente)
Palmarés
- Campións (3): 1998, 2003, 2011
- Subcampións (1): 2006
- Campións (1): 2006
- Subcampións (1): 2011
Historial
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986–87 | 2 | 1ª Div. B | 20º | 14–20 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª Div. B | 14º | 24–18 | ||||||
1988–89 | 2 | 1ª Div. | 6º | 20–13 | ||||||
1989–90 | 2 | 1ª Div. B | 1º | 27–8 | ||||||
1990–91 | 1 | ACB | 17º | 18–19 | Primeira rolda | |||||
1991–92 | 1 | ACB | 12º | 16–20 | Terceira rolda | |||||
1992–93 | 1 | ACB | 22º | 8–27 | Primeira rolda | |||||
1993–94 | 1 | ACB | 18º | 11–22 | Primeira rolda | |||||
1994–95 | 1 | ACB | 12º | 18–20 | ||||||
1995–96 | 1 | ACB | 15º | 15–23 | Cuarto lugar | |||||
1996–97 | 1 | ACB | 17º | 6–32 | ||||||
1997–98 | 2 | LEB | 1º | 26–6 | Copa Príncipe | SF | ||||
1998–99 | 1 | ACB | 18º | 4–30 | ||||||
1999–00 | 2 | LEB | 7º | 20–19 | ||||||
2000–01 | 2 | LEB | 9º | 15–15 | ||||||
2001–02 | 2 | LEB | 8º | 15–19 | ||||||
2002–03 | 2 | LEB | 1º | 27–13 | ||||||
2003–04 | 1 | ACB | 18º | 7–27 | ||||||
2004–05 | 2 | LEB | 5º | 21–17 | ||||||
2005–06 | 2 | LEB | 2º | 28–15 | Copa Príncipe | 1º | ||||
2006–07 | 1 | ACB | 14º | 13–21 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 12º | 13–21 | ||||||
2008–09 | 1 | ACB | 15º | 9–23 | ||||||
2009–10 | 1 | ACB | 18º | 5–29 | ||||||
2010–11 | 2 | LEB Ouro | 1º | 30–4 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2011–12 | 1 | ACB | 15º | 13–21 | ||||||
2012–13 | 1 | ACB | 13º | 13–21 | ||||||
2013–14 | 1 | ACB | 13º | 12–22 | ||||||
2014–15 | 1 | ACB | 10º | 17–17 | ||||||
2015–16 | 1 | ACB | 7º | 19–18 | ||||||
2016–17 | 1 | ACB | 9º | 14–18 | 2 EuroCup | T16 | 5–9 | |||
2017–18 | 1 | ACB | 10º | 17–17 | 3 Champions League | 3º | 11–9 | |||
2018–19 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | 3 Champions League | OF | 15–3 | |||
2019–20 | 1 | ACB | 16º | 7–15 | ||||||
2020–21 | 1 | ACB | 12º | 16–20 | ||||||
2021–22 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | Semifinais |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.