From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucy Renée Mathilde Schowb, nada en Nantes o 25 de outubro de 1894 e finada en Sáint-Hélier (illa de Jersey) o 8 de decembro de 1954, foi unha fotógrafa surrealista francesa, musa do movemento Queer e feminista, máis coñecida como Claude Cahun.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Lucy Renée Mathilde Schwob 25 de outubro de 1894 Nantes, Francia |
Morte | 8 de decembro de 1954 (60 anos) Saint Helier, Jersey |
Lugar de sepultura | Saint Brelade (en) |
Residencia | Saint Brelade (en) (1937–) Nantes París |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Educación | Lycée Gabriel Guist'hau (en) (–1906) Parsons Mead School (en) Nantes School of Art (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía e literatura |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | artista, membro da resistencia, escultor, escritor, fotógrafo, pintor |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato e autorretrato |
Movemento | Surrealismo |
Familia | |
Familia | Q3065490 |
Cronoloxía | |
1906 | vítima |
Tentativa de suicídio (pt) | |
Descrito pola fonte | Femmes de lettres en Bretagne, (p.98, 99, 100) Concise Dictionary of Women Artists (en) A World History of Women Photographers (2020 edition) (en) |
Páxina web | claudecahun.org |
As mulleres (ó igual que en moitas outras disciplinas) foron menosprezadas na arte ata o redor do século XIX, cando pouco a pouco se ve unha maior presenza de artistas mulleres destacables. Ata ese momento estas estaban destinadas a realizar accións relacionadas (segundo a mentalidade da súa época) co seu sexo.
Claude Cahun será unha destas mulleres revolucionarias que loitarán contra os estereotipos de mulleres da súa época. A pesar de que foi unha personaxe fascinante, o seu traballo quedou no esquecemento ata a década de 1990, cando se crea unha retrospectiva da súa vida e obra no Museo Nacional de Arte contemporánea de París. A partir dese momento volve ser unha artista moi valorada e as súas obras serán recollidas en moitos dos museos máis importantes do mundo, dende o Tate Modern de Londres ata a Grey Art Gallery de Nova York.
Os seus autorretratos denotan un grande desexo de querer buscar un terceiro sexo existente entre o masculino e o feminino (era lesbiana practicante), por iso é considerada como a gran musa do movemento Queer. Estamos a falar de comezos da década de 1920 polo que esta clase de fotografías eran moi atrevidas para a súa época. Para a recreación das súas fotografías, Claude travestíase a miúdo de diversos personaxes, dende un buda, unha nena, unha ximnasta...
As súas fotografías resultan moi innovadoras para a súa época, posto que o feito de experimentar co seu corpo como base artística e unha ideoloxía moi moderna (a pesar de que existían máis artistas na súa época que xogaban tamén co seu propio corpo para representar o que sentían en fotografías, como diversas alumnas da Bauhaus). Tamén é destacable o feito de que traballase con fotografía, pois esta nun principio non era considerada como unha disciplina artística e grazas a artistas como Claude terminará collendo unha maior relevancia social.
Co ascenso do réxime Nazi, Claude oponse abertamente a el e por pouco termina fusilada. O réxime nacionalsocialista considerará a súa obra como "arte dexenerado", polo que a artista se irá recluíndo na tranquilidade do seu fogar, a pesar de que seguía retratándose o feito de que os nazis desconsiderasen a súa obra, xunto con outros sucesos, axudan a que a súa arte quede totalmente no esquecemento.
En 1992 redescubriuse a súa imaxe, volvendo ó lugar que lle corresponde no mundo da arte.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claude Cahun |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.