From Wikipedia, the free encyclopedia
A citoquina[1] ou citocina[2][3] é un termo xenérico empregado para designar a un extenso grupo de moléculas implicadas na emisión de sinais intercelulares durante o desencadeamento das respostas inmunes. Constitúen un grupo de factores extracelulares que poden ser producidos por diversas células, coma monócitos, macrófagos, linfócitos e outras células non linfocíticas. Todas as citoquinas son pequenas proteínas ou péptidos, algunhas delas contendo moléculas de azucre ligadas (glicoproteínas). As diferentes citoquinas poden ser encadradas en diversas categorías: interferóns (IFN), interleucinas (IL), factores estimuladores de colonias (CSF), factor de necrose tumoral (TNF-alfa e TNF-beta), e factor de crecemento transformante beta (TGF-beta).
Segundo a súa estrutura molecular, podemos subdividir as citoquinas en dous tipos:
Son producidos polos macrófagos e estimulados polos microorganismos alleos ao noso corpo. Son os encargados de preparar o organismo para defendelo de axentes patóxenos ou estraños. Ademais, estimulan ou inhiben as reaccións de tipo inflamatorio. Neste grupo atópanse as IL-1, IL-6, IL-12, IL-16, TNF-alfa, IFN-alfa e o INF-ß.
Son citoquinas quimiotáticas que atraen leucócitos ás zonas de infección.
Prodúcense como resposta á activación dos linfócitos T. Potencian ademais as reaccións inmunitarias. Son a IL-2, IL-4, TGF-ß, INF-y.
Deste subgrupo forman parte o SCF, IL-3, IL-7, G-CSF, GM-CSF, M-CSF.
Cada citocina únese a un receptor da superficie celular específico xerando cascadas de sinalización celular que alteran a función celular. Isto inclúe a regulación positiva ou negativa de diversos xenes e os seus factores de transcrición que resultan na produción doutras citocinas, ou un aumento no número de receptores de superficie para outras moléculas, ou a supresión do seu propio efecto mediante retroregulación.
A sobreestimulación das citoquinas pode disparar unha síndrome perigosa chamada tormenta de citoquinas.
As citocinas caracterízanse pola súa redundancia: moitas citocinas distintas comparten funcións similares. Ademais, as citocinas son pleiotrópicas: actúan sobre moitos tipos celulares diferentes e unha célula pode expresar receptores para máis dunha citoquina.
Facer unha xeneralización dos seus efectos é practicamente imposíbel. De acordo coas súas funcións clasifícanse en:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.