Linfotoxina alfa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Linfotoxina alfa

A linfotoxina alfa (LT-alfa, LTA), antes chamada factor de necrose tumoral beta (TNFβ), é unha proteína que nos humanos é codificada polo xene LTA do cromosoma 6, que é mediadora en diversas respostas do sistema inmunitario.[1][2]

PDB 1tnr
Linfotoxina alfa (superfamilia TNR, membro 1)
Identificadores
Símbolo LTA
Símbolos alt. LTA ; LT; TNFB; TNFSF1
Entrez 4049
HUGO 6709
OMIM

153440

RefSeq NP_000586
UniProt P01374
Outros datos
Locus Cr. 6 :(31.54 – 31.54 Mb)

Función

A linfotoxina alfa é unha citocina membro da familia do factor de necrose tumoral, que é producida polos linfocitos. A LT-alfa é altamente inducible, segrégase, e existe en forma de molécula homotrimérica. A LT-alfa forma heterotrímeros coa linfotoxina beta, a cal ancora a LT-alfa á superficie da célula. A LT-alfa media unha gran variedade de respostas inflamatorias, inmunoestimulatorias e antivirias. A LT-alfa tamén está implicada na formación de órganos linfoides secundarios durante o desenvolvemento e xoga un papel na apoptose.[3]

Nos ratos knockout para a LT-alfa, ningunha placa de Peyer nin ganglio linfático consegue deenvolverse, o que indica a importancia da LT-alfa no desenvolvemento inmunolóxico.[4]

Interaccións

A linfotoxina alfa interacciona coa LTB.[5][6][7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.