From Wikipedia, the free encyclopedia
Un circuíto pechado de televisión (CPTV, en inglés closed circuit television CCTV) é un sistema de televisión que distribúe sinais procedentes de cámaras de vídeo localizadas en lugares específicos e estratéxicos cara a un ou máis puntos de visualización, o seu uso máis común é a vixilancia e control por parte da policía, da seguridade privada ou do exército de áreas sensibles como edificios gobernamentais, entidades financeiras, centrais nucleares, aeroportos, portos, redes de metro, estacións de ferrocarril, centros comerciais, estadios ou instalacións militares pero tamén se utilizan para o control do tráfico en cidades, estradas e autoestradas, o control de determinados fenómenos naturais[1], a medicina [2] ou o ensino [3].
No Reino Unido é o país onde a policía máis desenvolveu o uso do circuíto pechado de televisión, comezou a utilizarse en 1956 en Durham para axudar no control do tráfico, e en 1960 utilizouse en acontecementos temporais, 1969 había 14 forzas de policía de diferentes cidades que as utilizan con 67 cámaras.[4] Nos Estados Unidos foi a cidade de Olean (Nova York) a primeira en utilizar o sistema como medio de vixilancia das rúas en 1968 [5] e no Reino Unido Bournemouth foi a primeira cidade en introducir o uso do CPTV para vixiar rúas en 1985.
A vídeo vixilancia en España está regulada pola lei orgánica de protección de datos 15/1999 (LOPD) e pola Axencia Española de Protección de Datos. A normativa fixa os datos que poden ser recollidos polas empresas ou administración para o seu uso comercial, administrativo ou cesión.[Cómpre referencia] Tamén garante que a información recollida é empregada para os fins que foi cedida polos cidadáns.[Cómpre referencia] Esta normativa é de obrigado cumprimento para as empresas e institucións. Tódolos ficheiros de empresas e institucións deben estar declarados no rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.