Cidade metropolitana de Reggio de Calabria
Cidade metropolitana na rexión de Calabria From Wikipedia, the free encyclopedia
Cidade metropolitana na rexión de Calabria From Wikipedia, the free encyclopedia
A cidade metropolitana de Reggio de Calabria (en italiano città metropolitana di Reggio Calabria) é unha das 14 cidades metropolitanas de Italia, situada na rexión da Calabria.
Ocupa unha superficie de 3 183 km², e a súa poboación, segundo o censo do 31 de agosto de 2018, era de 549 505 habitantes,[1], polo que a súa densidade de poboación nesa data era de 172,64 hab./km².
A cidade metropolitana engloba 97 municipios (comune).
O establecemento da cidade metropolitana de Reggio de Calabria tivo lugar o 31 de xaneiro de 2016, ao finalizar o mandato do presidente da provincia de Reggio de Calabria, Giuseppe Raffa, despois dun "semestre branco" durante o cal se produciu a transición da provincia á cidade metropolitana.[2]
O 7 de agosto de 2016 celebráronse eleccións de segundo nivel (indirectas) para elixir o primeiro Consello metropolitano.[3] O cargo de alcalde metropolitano (sindaco metropolitano) foi cuberto por Giuseppe Falcomatà, alcalde (sindaco) de Reggio de Calabria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.