arquitecto e científico inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Christopher Wren (20 de outubro de 1632 – 25 de febreiro de 1723), foi un astrónomo, xeómetra e o máis grande dos arquitectos ingleses da súa época. Wren proxectou 53 igrexas en Londres, incluíndo a catedral de San Paulo, así como moitos edificios civís. Xogou un papel decisivo na reconstrución da cidade londiniense logo do Grande Incendio do 1666, que arrasou a urbe. Foi un dos fundadores da Royal Society (presidente no período 1680–82), sendo a súa obra científica admirada por Isaac Newton e Blaise Pascal.
Wren é sobre todo coñecido por proxectar a Catedral de San Paulo de Londres, unha das poucas catedrais inglesas construídas desde a Idade Media, e a única catedral de estilo barroco-clasicista no seu país. A pesar da forte oposición - inspiraríase na Basílica de San Pedro de Roma -, acertou a construír un edificio de valor absoluto, que é a segunda igrexa do mundo polas súa dimensións.
Nado en 1632 en Wiltshire, Wren era fillo do Decano de Windsor, cargo de nomeamento real que trouxo problemas e persecución á súa familia durante o Commonwealth, o goberno puritano de Richard Cromwell (1649 - 1660). Durante a súa adolescencia coñeceu o príncipe Carlos, que máis tarde subiu ao trono como Carlos II, que o empregaría como arquitecto de confianza. Estudou na Westminster School (onde Dr. Busby, que a presidía, albergaba encubertamente xoves de familias realistas en dificultades), logo no Wadham College, en Oxford, e finalmente foi admitido no colexio All Souls (Colexio de Todos os Santos, Oxford). No 1657 pasa a ser profesor de astronomía no Gresham College e catro anos despois obtén a cátedra de astronomía da fundación Savile de Oxford, que rexería ata a súa dimisión en 1673. Newton, rara vez disposto a louvar os seus colegas, recoñeceuno como un brillante científico. Wren estivo entre os membros fundadores da Royal Society, que presidiu de 1680 a 1682.
A súa primeira proba real como arquitecto foi o teatro Sheldonian, aínda visíbel en Oxford; logo proxectou varios edificios universitarios máis, tanto en Oxford como en Cambridge, entre eles a capela do Pembroke College e a do Emmanuel College, en Cambridge.
Despois do Grande Incendio de Londres de 1666, foi escollido como arquitecto da nova Catedral de San Paulo, que debía ser ergueita sobre os restos da igrexa medieval. En consecuencia Wren dedicaríase en corpo e alma á arquitectura. O proxecto e a construción da nova catedral requiriu 35 anos, entre 1675 e 1710. Ao tempo Wren, xunto cos seus colegas Robert Hooke e Nicholas Hawksmoor, proxectou numerosos aoutros edificios, como 53 igrexas en Londres para substituíren as 87 destruídas no incendio. Moitas delas están aínda en pé, como St Bride's, St Mary le Bow, St Clement Danes, St Benet Paul's Wharf e St Stephen Walbrook (ver a lista de obras abaixo). Ademais colaborou no proxecto do Monumento do Grande Incendio de Londres, o Observatorio Real de Greenwich , o Chelsea Hospital, o hospital de Greenwich, Marlborough House, o Ashmolean Museum de Oxford, a Wren Library (Biblioteca Wren) no Trinity College de Cambridge, e outras destacadas edificacións.
Christopher Wren foi nomeado Cabaleiro en 1673, e foi membro do Parlamento nos anos 1685-1688 e 1702-1705.
Aubrey refire que Wren ingresou na masonería en 1691, supoñéndose que foi o Grande Mestre en 1717, mais faltan probas de tal aserto.
Wren morreu no 1723. Está sepultado na súa igrexa de San Paulo. A inscrición que lle foi dedicada no interior do edificio reza: "Lector, si monumentum requiris, circumspice" ("O tu que les, se buscas o seu monumento, olla arredor").
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.