From Wikipedia, the free encyclopedia
A choia de bico amarelo, Pyrrhocorax graculus, é unha ave da familia dos córvidos, unha das dúas comprendidas no xénero Pyrrhocorax, de distribución eurasiática.
Choia de bico amarelo Pyrrhocorax graculus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto en Suíza | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pyrrhocorax graculus (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||
Distribución aproximada en verde |
É unha especie moi emparentada coa outra especie do xénero, a choia de bico vermello (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
As choias de bico amarelo miden entre 36 e 39 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de entre 70 e 85 cm. O seu peso vai dos 190 ós 240 gramos. Teñen a plumaxe completamente negra, con zonas con reflexos metálicos. O bico é amarelo (característica fundamental para diferencialas das choias adultas), e as patas vermellas.
Son voadoras extraordinarias, que utilizan as correntes de aire ascendentes para planear, e parecen divertirse perseguíndose e facendo manobras no aire. As choias son moi sociais que adoitan moverse en grupos grandes.
As choias de bico amarelo aparecen nos Alpes, os Pireneos, os Abruzos italianos, as montañas da península dos Balcáns, o Cáucaso e Asia central (no Himalaia). Son aves de alta montaña, que viven por riba da fronteira superior do bosque ata os 4000 metros de altura. Malia non seren unha especie rara, nos últimos séculos a súa área de distribución reduciuse, desaparecendo dalgunhas áreas na perifería do seu territorio, coma os montes Tatra en Polonia (Tomek & Bocheński 2005). A facilidade coa que coexisten coa presenza humana, podería relacionar a perda destas poboacións máis cos cambios climáticos que coa perda dos hábitats tradicionais.
A súa fonte principal de alimentación son os insectos no verán e as bagas e os restos de comida no outono e no inverno, pero son aves adaptables, que non rexweitan practicamente ningún alimento dispoñible.
Fan niños grandes en paredes de rocha moi verticais. Poñen entre 3 e 5 ovos que teñen que chocar entre 18 e 21 días. Despois de saíren do ovo, os polos pasan entre 31 e 38 días no niño.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.