xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Pyrrhocorax é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos, que inclúe dúas especies comunmente chamadas choias.[1]
Pyrrhocorax Choias | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Choia de bico amarelo (P. graculus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Corvus pyrrhocorax Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución das especies deste xénero
Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhocorax graculus Ambas as especies | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
O xénero foi descrito en 1758 polo ornitólogo inglés Marmaduke Tunstall,[2][3] na súa monumental obra Ornithologia Britannica, editada en Londres por J. Dixwell. (Título completo: Ornithologia Britannica: seu Avium omnium Britannicarum tam terrestrium, quam aquaticarum catalogus, sermone Latino, Anglico et Gallico redditus).
O nome do xénero está formado pola unión dos elmentos Pyrrho- e -corax, ambos os dous derivados do grego antigo, πύρρος pýrros, "cor do lume", "vermello vivo", "vermello alaranxado", e κόραξ kórax, "corvo".[4][5][6]
O xénero comprende tan só dúas especies:[2][3]
O primeiro membro do xénero que se describiu foi a choia de pico vermello, nomeada como Upupa pyrrhocorax por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae en 1758. O seu xénero Upupa contiña especies que tiñan un pico longo curvo, e unha lingua curta e roma. Estas incluían o ibis ermitán e a bubela, aves que agora se sabe que non están relacionadas coas choias.[7]
A choia de bico amarelo foi descrita como Corvus graculus por Linneo na edición de 1766 do Systema Naturae.[8]
Aínda que Corvus é o xénero de córvidos ao que pertencen próximos parentes das choias, o ornitólogo inglés Marmaduke Tunstall considerou que eran o suficientemente distintos como para seren trasladados ao novo xénero, Pyrrhocorax, na súa Ornithologia Britannica de 1771.[9]
Esténdense por Europa, Asia e tamén por África. Ambas as especies están presentes en España.[10]
En Galicia vive a choia de bico vermello.[11]
Son córvidos de cor negra, agás na súas patas e o seu peteiro, que son de cores direferntes. A cor do bico é a diferenza máis clara entre ambas as especies aínda que isto só é válido para os exemplares adultos.
Os novos de ambas as especies teñen un bico alaraxando que dificulta a súa distinción e débese recorrer a outros parámetros para diferencialos.
A choia de bico amarelo é unha ave de altura mentres que a de bico vermello vive en zonas máis baixas. Aínda así, existe unha zona de solapamento onde poden presentarse calquera das dúas especies.
A choia de bico amarelo é unha ave de altura mentres que a de bico vermello vive en zonas máis baixas. Aínda así, existe unha zona de solapamento onde poden presentarse calquera das dúas especies.[12]
Entre os depredadorres das choias figuran o falcón peregrino, a aguia real e o bufo real euroasiático, mentres que o corvo grande depreda as crías.[13][14][15][16] No norte de España, as choias de bico vermello aniñan preferentemente preto de colonias de lagarteiro das torres; este pequeno falcón, que só come insectos, subministra un certo grao de protección contra os depredadores máis grandes, e as choias benefícianse en termos dun maior éxito reprodutivo.[16]
A choia de bico vermello é ocasionalmente parasitada polo cuco real, un parasito de cría do que a pega é o hóspede principal.[17]
As choias albergan pulgas de aves, incluíndo dúas especies de Frontopsylla que son especialistas en Pyrrhocorax.[18] Outros parasitos rexistrados nas choias inclúen un cestodo, Choanotaenia pirinica,[17] e varias especies de piollos mastigadores dos xéneros Brueelia, Menacanthus e Philopterus.[19]
Atopáronse parasitos sanguíneos como o Plasmodium en choias de bico vermello, pero isto é pouco común e, ao parecer, fai pouco dano.[20]
Porén, os niveis de parasitismo son moito máis baixos que nalgúns outros grupos de paseriformes.[21]
O rexistro fósil do Plistoceno de Europa inclúe unha forma similar á choia de bico amarelo, que ás veces é categorizada como unha subespecie extinta desa ave,[22][23][24] e unha forma antiga da choia de pico vermello, P. p. primigenius.[25][26] Hai oito subespecies existentes xeralmente recoñecidas de choia de bico vermello e dúas de choia de bico vermello, aínda que todas difieren só lixeiramente nas subespecies citadas.[12] A maior diversidade de subespecies nas especies de bico vermello xorde dunha diverxencia temperá das razas etíopes e asiáticas, xeograficamente illadas das formas occidentais.[27]
O parente máis próximo das choias, como indica un estudo da filoxenia molecular, é Temnurus temnurus, que forman un clado que é irmán dos membros vivos restantes dos córvidos.[28][29] As especies do xénero Pyrrhocorax diferéncianse de Corvus en que teñen os picos e as patas de cores brillantes, tarsos lisos e sen escamas e plumas nasais moi curtas e densas. As choias teñen unha plumaxe uniformemente negra, carecendo de áreas máis pálidas, como se observa nalgúns dos seus parentes.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.