Chirimoio
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O chirimoio[1] ou chirimoia[2] (Annona cherimola) é unha especie de arboriña pertencente á familia das annonáceas, nativa de América do Sur. Xa era cultivado nos Andes polo ano 200 [3] polo seu froito comestíbel: a chirimoia. A froita pode atoparse hoxe en día nas froitarías galegas, aínda que o seu consumo aínda non é frecuente.
Chirimoio | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Annona cherimola Mill., Gard. Dict., ed. 8, 5, 1768 | |||||||||||||||||||||||
Distribución actual do cultivo de chirimoio. |
A palabra galega chirimoia (en portugués cherimólia) provén do quechua, onde ten o significado de sementes frías, facendo referencia ao feito de que a planta medraba en lugares elevados e fríos, onde outras plantas tropicais non se desenvolvían.
É orixinario das grandes chairas do Perú e do Ecuador.[4] En Ecuador, os chirimoios aparecen en áreas con temperaturas medias anuais, de 18 a 20 °C, unha temperatura mínima que varía de 10 a 12 °C e unha temperatura máxima que varía entre 26,5 e 30 °C. A precipitación anual varía entre 800 e 1.000 mm (concentrada en oito meses do ano) é o rango máis común nos lugares onde se produce a chirimoia salvaxe. Os valores de humidade son elevados e varían entre 75 e 85%.[5]
O chirimoio é unha árbore que pode acadar os dez metros de altura. As súas follas son oblongas, caedizas ou semicaedizas, moi grandes, podendo acadar os quince centímetros de longo, penduradas en disposición alterna. As flores, de dous ou tres centímetros, atópanse en pequenos grupiños con seis pétalos de cor parda amarela. Os froitos teñen unha forma ovalada, coa tona cuberta do que poden parecer escamas, semellante a unha piña de piñeiro. Porén, a cor da pela vai do verde escuro a un morado morronoso escuro. O tamaño é semellante ao dunha mazá, aínda que pode acadar talles maiores, de até máis de quince centímetros de diámetro.[4]
O seu froito, a chirimoia, ten forma oval, mide de 10 cm a 20 cm de longo e de 7 cm a 10 cm de diámetro e ten a tona case lisa. A polpa é abrancazada con numerosas sementes grandes de cor negra que son tóxicas se se inxiren crebadas. O froito utilízase para alimentación humana.
Pódese conservar durante uns días cando se apaña duro. A medida que vai chegando, a tona tórnase elástica e mol. Cando se atopa completamente mol é o mellor intre para o consumo, mais a partir deste momento comeza a perder conservación. Algunhas persoas consómena partíndoa pola metada coa axuda dunha culler de sobremesa. As sementes non son comestíbeis. O sabor da polpa é semellante ao da banana, mais moito máis suave e macío; e a textura lembra á das peras.[4]
En Europa cómense as exportandas dende o sur de España (Motril, Almuñécar etc.) ou dende países doutros continentes.[4] Tamén son cultivados no arquipélago de Madeira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.