From Wikipedia, the free encyclopedia
Shri Krishna Chaitanya Mahaprabhu (en sánscrito: Śrī Kṛṣṇa Caitanya Mahāprabhu), honorífico: "Mahāprabhu" ("Gran Señor"), nado en Nabadwip[1] o 18 de febreiro de 1486 e finado o 14 de xuño de 1533, foi un gurú indio considerado polos seus seguidores a Personalidade Suprema da Divindade e o defensor xefe da escola vedanta da Achintya Bheda Abheda (Inconcibíbel Diferenza/Unidade) e da tradición Gaudiya Vaishnavism do hinduísmo. Tamén expuxo a escola Vaishnava do ioga bhakti baseada no Bhagavata Purana e no Bhagavad Gita.[2] Das varias formas das expansións directas ou indirectas de Krishna como o Señor Narasimha (Home-León; Krishna en forma de ira), Mahavishnu e Garbhodaksayi Vishnu respectivamente, considérase que é Krishna en forma de Radha.[3][4] Popularizou o canto do mantra Hare Krishna[5] e compuxo o Siksastakam (oito pregarias devotas) en sánscrito. Os seus seguirores da Gaudiya Vaishnava reverénciano como Krishna coa forma e a complexión da súa fonte de inspiración Radha.[6] O día do seu nacemento celébrase como o Gaura-purnima.[7][8]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (bn) বিশ্বম্ভর মিশ্র 1486 Nabadwip, India (pt) |
Morte | 1534 (47/48 anos) Puri, India (pt) |
Causa da morte | homicidio, afogamento septicemia (en) Trabada de serpe |
Relixión | Vishnuísmo |
Actividade | |
Ocupación | sannyasi (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Vishnupriya Lakṣmīpriyā |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Granat |
Chaitanya tamén recibe os nomes de Gauranga ou Gaura debido á súa fermosa complexión,[9] e Nimai debido a que naceu baixo unha árbore do nim.[10]
Chaitanya deixou un escrito en sánscrito chamado Siksastakam, aínda que no Vaishnava Padavali dise que "o propio Chaitanya escribiu moitas cancións de tema Radha-Krishna".
As ensinanzas epistemolóxicos, teolóxicas e ontolóxicas de Chaitanya resúmense en dez principios raíz chamados dasa mula.[11]
A influencia de Chaitanya no legado cultural de Bengala e Odisha e significativa e algúna atribúenlle o renacemento bengalí,[13] diferente do máis coñecido renacemento bengalí do século XIX.
Kartik Chattopadhyay (1912-1989) dirixiu un filme biográfico sobre Chaitanya, Nilachaley Mahaprabhu (1957).[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.