Cetíidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cetíidos
Remove ads

A dos cetíidos (Cettiidae) é unha familia de aves paseriformes da suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e superfamilia dos silvioideos.

Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Thumb
Abroscopus albogularis.

Trátase dunha familia recentemente descrita, na que a maioría dos seus membros se clasificaban anteriormente na familia dos sílvidos.[1][2]

Remove ads

Características

  • Os cetíidos son especies de paxaros pequenos e repoludos de coloracións en tons apardadadas, que adoitan teren as colas máis pequenas que os moi similares locustélidos.
  • Adoitan habitaren en matogueiras e sotobosques.
  • Os seus membros encóntranse principalmente en Asia e África, chegando tamén ao sur de Europa e a Oceanía.
  • A maioría das especies da familia son sedentarias, pero Urosphena squameiceps é migratoria, e o reiseñor da auga (Cettia cetti) e Horornis diphone son migratorios nalgunhas zonas da súa área de distribución. Algunhas especies, como Urosphena pallidipes, realizan migracións altitudinais.

A dos cetíidos é unha liñaxe antiga dentro da superfamilia dos silvioideos. O grupo máis próximo aos cetíidos é o dos exitálidos (a familia á que pertence o ferrreiriño rabilongo).[1]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 2006 polo zoólogo, profesor e sistemático evolutivosueco Per Alström e os seus colaboradores, no traballo "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Mol. Phylogenet. Evol. 38 (2): 381–397.

Etimoloxía

O nome científico Cettiideae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Cettia, coa adición da desinencia do latín científico ´-ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación do nome das familias de animais.

Clasificación

Recoñécense os 7 xéneros seguintes, con 32 especies:[2][3]

  • Abroscopus E. C. S. Baker, 1930 (3 especies);
  • Cettia Bonaparte, 1834 (4 especies);
  • Horornis Hodgson, 1845 (13 especies);
  • Phyllergates Sharpe, 1883 (2 especies);
  • Tesia Hodgson, 1837 (4 especies);
  • Tickellia Blyth, 1861 (1 especie);
  • Urosphena Swinhoe, 1877 (5 especies);

Hai outros xéneros incertae sedis que algúns autores clasifican aquí:[3]

  • Graueria Hartert, 1908.
  • Hylia Cassin, 1859.[4]
  • Pholidornis Hartlaub, 1857 (anteriormente en Remizidae).[4]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads