Per Alström

From Wikipedia, the free encyclopedia

Per Johan Alström, nado o 9 de abril de 1961 é un zoólogo e profesor sueco dedicado ás investigacións en sistemática evolutiva.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Per Alström
Nome orixinal(sv) Per Johan Alström
Biografía
Nacemento9 de abril de 1961 (63 anos)
Suecia
EducaciónUniversidade de Uppsala - Doutor en filosofía
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía, sistemática e evolución
Ocupaciónbiólogo evolutivo, ornitólogo, profesor universitario
EmpregadorAcademia Chinesa de Ciencias, visiting professor (en) (2012–2014)
Universidade de Ciências Agrárias da Suécia (pt)

Sitio webslu.se…
Pechar

Traxectoria

Per Alström estudou medicina e bioloxía na Universidade de Gotemburgo. En 2002 acadou o seu título de doutor cunha tese sobre a sistemática dalgúns paseriformes na Universidade de Uppsala.

Alström traballou no Museo Sueco de Historia Natural, e foi profesor visitante na Academia Chinesa de Ciencias. Actualmente traballa na Universidade de Uppsala, no departamento de ecoloxía e evolución (ecoloxía animal), ao tempo que desempeña tamén o seu labor no banco de datos (Artdatabanken) na Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas.

As súas investigacións en taxonomía, sistemática e evolución constitúen un traballo, a tempo parcial, con paxaros de Asia.

Alström é o presidente da Comisión sueca para os nomes de animais, e membro sueco da Global Taxonomy Initiative.

Abreviatura

A abreviatura Alström emprégase para recoñecer a Per Alström como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alström, P.; Mild, K. & Zetterström, B. (2003): Pipits and Wagtails of Europe, Asia and North America. Londres: Christopher Helm/A&C Black.
  • Alström, Per, Colston, Peter & Lewington, I. (1991): Field Guide to the Rare Birds of Britain and Europe. Londres: Harper/Collins. ISBN 978-0-0021-9917-9.
  • Per Alström en Artdatabanken (en sueco).
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.