From Wikipedia, the free encyclopedia
O reiseñor da auga,[1] Cettia cetti, é unha especie de ave paseriforme, da suborde dos Passeri, infraorde dos Passerida, superfamilia dos silvioideos e familia dos cetíidos, pertencente ao xénero Cettia.
Reiseñor da auga Cettia cetti | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Cettia cetti (Temminck, 1820) | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
É un pequeno paxaro, de cor parda arrubiada polas partes superiores e abrancazada polas inferiores,[1] propio da rexión paleártica, que cría na Europa meridional e central,[1][2] no noroeste de África e na Asia temperada, desde Turquía e a Federación Rusa até a China e o Xapón, pasando por Afganistán, Turkmenistán e o Paquistán.[3][4]
As principais características do reiseñor da auga son:[1][5]
Adoita vivir entre arbustos moi mestos en zonas próximas á auga: ríos, regatos, lagoas e encoros. É moi difícil de observar debido aos seus hábitos retraídos de roldar polas zonas arbustivas onde habita.[1]
O reiseñor da auga revela a súa presenza cun forte canto, ruidoso e explosivo, moi característico, cun "chií" seguido dun "chiqui" ou "cuchi".[1][5]
Durante o verán, os machos pasan a maior parte do tempo establecendo os seus territorios, e por iso pasan pouco tempo coidando os ovos ou aos pitos. Os machos xeralmente atraen a máis dunha femia ao seu territorio.
Cettia cetti aliméntase de artrópodos, como insectos pequenos e de corpo brando, e de larvas. Prefire os insectos pequenos porque os dixie máis rápido.[6]
Aniñan entre a vexetación moi mesta, xeralmente preto do solo.O niño, de pequeno tamaño, ten forma de copa. Nel a femia por de 3 a 5 ovos de cor rubia, que son chocados principalmente pola femia, durante 12 días. Os polos deixan o niño ao cabo de 10 ou 15 días. Teñen dúas roladas ao ano.[1]
A especie foi descrita en 1820 polo zoólogo neerlandés Coenraad Jacob Temminck, co nome de Sylvia cetti, na súa obra Nouveau Recueil de Planches coloriées d'Oiseaux, pour servir de suite et de complément aux planches enluminées de Buffon (1820-1839).
Os nomes da familia, o xénero e a especia foron dedicados ao naturalista italiano Francesco Cetti (1726-1778).
Segundo o ITIS, recoñécense as catro subespecies seguintes:[3][7]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica, desde o ano 2004 até a actualidade, o estado de conservación desta especie como LC (pouco preocupante), debido a que ten unha área de dispersión moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel baixo os criterios de tamaño da área (uns 20 000 km2), e o tamaño da súa poboación (máis de 10 000 individuos maduros), que se estima que está aumentando.[4]
En Galicia a especie é pouco común, aínda que está espallada por todo o territorio, especialmente polas zonas máis cálidas (vales da provincia de Ourense e as Rías Baixas).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.