Cereixo, Vimianzo
parroquia civil do concello de Vimianzo From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Vimianzo From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Cereixo[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 490 habitantes (251 mulleres e 239 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 694 habitantes.
Cereixo | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Cereixo. | |
Concello | Vimianzo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°07′55″N 9°07′38″O |
Poboación | 473 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Por esta parroquia pasa a 6ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
O castro do Croado é un poboado fortificado, de planta ovalada.
O pazo das Torres de Cereixo é unha fortaleza defensiva de comezos do século XVI, consistente nun predio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.[2]
A igrexa de Santiago do Cereixo é un templo románico construído na segunda metade do século XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón.[2] Sobre a porta lateral levántase un tímpano que pode ser a primeira representación do traslado do corpo do apóstolo Santiago o Maior a Galicia. Esta prioridade histórica discútea cunha moeda atopada nas escavacións de Adro Vello, na costa norte do Grove, e datada tamén no século XII; hoxe está exposta no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela [3]
Villa Purificación é unha casa grande do século XVIII propiedade de Juan Carlos Trillo-Fernández Alonso, maxistrado do Tribunal Supremo e fillo de José Trillo-Fernández Abelenda, procurador na Coruña e tenente de alcalde nesa cidade durante a alcaldía de Alfonso Molina. A denominación da casa débese á bisavoa do propietario. A vivenda, de estilo barroco, ten dous pisos con planta en forma de "L". No alzado posterior destaca unha escaleira de pedra que comunica directamente co piso superior. Os balaústres de pedra da escaleira, de boa labra son de estilo compostelán. Nos esquinais e nos vans a pedra é de cantaría, sendo de cachotaría nos paños. No terreo, amais dun xardín hai un hórreo de dezanove pés (o terceiro máis grande de Galicia [Cómpre referencia]), un vello forno de pan e un pombal circular de pedra convertido en bodega. Nesta casa cobrábanse os foros de toda a zona.
Conta a lenda que unha enorme serpe vivía nun monte de Cereixo e que, cando baixaba do monte, atacaba e comía homes e gando. Así ata que un día atacou a unha moza no momento en que San Xurxo estaba alí preto. Xurxo enfrontouse á serpe e matouna, salvando así a vida da moza. Por tal motivo represéntase o santo a pé ou a cabalo, matando un dragón e, por veces, salvando unha doncela.
Esta lenda galega resulta ser unha variación doutra máis estendida tamén protagonizada por San Xurxo, desta volta militar romano. Conta que nun lugar había unha serpe xigantesca que esixía ós habitantes dúas ovellas diarias. Pero chegou o momento en que se acabou o gando e a serpe esixiu a entrega dunha doncela. Como no caso anterior, San Xurxo consegue matar a serpe e liberar a comarca do pago de semellante tributo.
Lugares da parroquia de Cereixo no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Cures | A Esquipa | Porto de Cereixo | Tufións | Vilar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.