mestre e filólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Cayetano Antonio Aldrey Salvado, nado en Lobio (Santiago de Compostela) o 3 de maio de 1851 e finado en Buenos Aires o 11 de maio de 1922[1], foi un mestre e filólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1851 Santiago de Compostela, España |
Morte | 11 de maio de 1922 (71 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Estudou no seminario compostelán no que fixo amizade con Bernardo Rodríguez Ribeira e do que saíu antes de ordenarse[2]. En 1874 emigrou á Arxentina e instalouse en Buenos Aires ata a súa morte. Dedicouse ao ensino privado e ao estudo de temas lingüísticos e filolóxicos. En 1896 propúxolle ao Goberno arxentino a elaboración dun texto oficial o solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa proposta foi aceptada dous anos máis tarde mediante a apertura dun concurso para escoller os textos. Tamén se ocupou do estudo de cuestións filolóxicas do idioma galego, sobre as que polemizou con Julio Dávila e Bernardo Rodríguez. Colaborou en El Correo Español, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Integrouse na Xunta Protectora da Academia Galega na súa fundación (1906) e defendeu a creación dun idioma universal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.