From Wikipedia, the free encyclopedia
Cayacoa foi o gran xefe e cacique taíno do cacicado de Higüey na Española.[1] A única referencia sobre a súa existencia é a do cronista Gonzalo Fernández de Oviedo. Segundo el, dominaba a parte oriental a illa no momento da chegada de Cristovo Colón en 1492, e despois de Caonabo, Cayacoa era un dos caciques máis poderosos da illa e posuía unha lexión de homes baixo o seu mando.[2] Porén, Bartolomé de las Casas di que o cacique de Higüey era Higuanamá.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV |
Residencia | cacicado de Higüey |
Actividade | |
Período de actividade | 1492 - |
Segundo Oviedo Cayacoa morreu axiña logo do contacto cos casteláns, e despois da súa morte, a súa muller, converteuse ao cristianismo e foi bautizada como Inés de Cayacoa (outras fontes citan que foi bautizada co nome de Catalina) casou co español Miguel Díaz de Aux (Aus) mediante o rito católico. Tiveron dous fillos: Miguelico e unha filla cuxo nome non aparece. Miguelico naceu na Española arredor de 1496.
Miguel Díaz de Aux morreu en 1515 e deixou testamento notariado en Sevilla en 1504. A través deste instrumento legou 200.000 marabedís ao seu fillo Miguelico, duplicando esta cantidade se optaba por seguir un oficio sacerdotal. Contan que Miguelico optou por seguir os pasos do seu pai, participando con Hernán Cortés na conquista de Nova España.
Hai unha historia que ten que ver coas minas de ouro de Hayna. Cóntase que Miguel Díaz cría matar a un home nunha liorta e fuxiu ata chegar á beira do río Ozama en Higüey, onde coñeceu á viúva do cacique Cayacoa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.