From Wikipedia, the free encyclopedia
A cobaia,[1] ou coello de Indias,[2] Cavia porcellus (Linnaeus, 1758), é unha especie híbrida doméstica de roedor histricomorfo da familia dos cavíidos,[3] resultado do cruzamento de varias especies do xénero Cavia realizados na rexión andina de América do Sur, con rexistros arqueolóxicos encontrados desde Colombia e Ecuador até Perú e Bolivia.
Cobaia, coello de Indias Cavia porcellus | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
''Cavia porcellus'' (Linnaeus, 1758) |
Alcanza un peso de até 1 kg. Vive entre cinco e oito anos.
A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista suízo Conrad von Gesner en 1554.[4]
O seu nome científico débese á descrición de Erxleben en 1777, e é unha mestura da designación do xénero de Pallas (1766) e o nome específico dado por Linneo (1758).[5]
A especie foi descrita por primeira vez en 1777 polo naturalista alemán Johann Christian Erxleben, baixo o nome de Mus porcellus.[3]
Posteriormente foi adscrita ao xénero Cavia.
Ao longo do tempo foi coñecida polos seguintes sinónimos:[3]
A domesticación deste roedor, para consumo humano deuse hai 7000 anos nos Andes Centrais, especificamente no actual departamento de Junín, Perú, na mesma rexión onde se produciu a domesticación da alpaca.[6] Ao longo do tempo, o home andino criou cobaias para consumir a súa carne e incluso, nalgunhas zonas, para facer roupa coa súa pel. Nos países andinos existe unha poboación estábel de máis ou menos 35 millóns de cobaias, sendo o Perú onde maior poboación hai, e onde máis se consome este animal, máis de 65 millóns, producidos por unha poboación máis ou menos estábel de 22 millóes de animais criados basicamente con sistemas de produción familiar.[7] A poboación estimada de autoconsumo en Ecuador é de 15 millóns de cabezas de cobaias,[8] bastante inferior á produción comercial, que se estima en 50 millóns.
Outra das razóns para a crianza deste roedor é para comercializalo como animal de compañía. Na actualidade críase cada vez máis para telo como mascota, ao poder convivir con nenos pequenos. Como tales prefíense os denominados cuy de tipo 3, é dicir, as cobaias de pelo longo e lacio chamadas "cobaias de Angora".
A cobaia é un animal moi común para a experimentación en investigación biomédica, de aí que a expresión cobaia ou coello de Indias se utilice popularmente como sinónimo de obxecto de experimentación.[1][2]
As cobaias son animais herbívoros, polo que a achega de fibra no alimento é indispensábel. Por outro lado, a achega de vitamina C é altamente necesaria, pois as cobaias, os primates e os morcegos son as únicas especies que non sintetizan esta vitamina.
Para previr deficiencias hai que procurar á mascota unha dieta variada. O feo serve para cubrir as súas necesidades de hidratos de carbono e de fibra. A alfalfa outórgalles calcio para os seus ósos e é fundamental. A froita e a verdura axudan a satisfacer as súas necesidades en vitaminas e gran parte do líquido necesario. Para a comida convén utilizar recipientes de barro cerámico pesados, que resistan a inclinación e a conseguiente caída do alimento. Os seus lados deben ser o bastante altos para manter o material de cama e as feces lonxe da comida. Por outro lado, é moi importante que toda a comida fresca que lle deamos ás nosas cobaias estea a temperatura ambiente; nunca pode estar recentemente sacada do refrixerador.
Gran parte das súas necesidades de líquidos quedan cubertas pola inxestión de alimentos frescos. Porén, deben de ter sempre á súa diposición un bebedeiro con auga limpa e fresca.
As cobaias son animais que realizan cecotrofia, forma de coprofaxia específica a certos roedores; é dicir, comen as feces directamente do ano, antes de que cheguen ao solo. Esta é unha boa forma de aproveitar todos aqueles nutrientes que pasaron directamente polo tracto gastrointestinal sen seren absorbidos, como algunhas vitaminas, por exemplo.
Para ter as cobaias sans e evitar enfermidades débese:
En Bolivia, no suroeste de Colombia, en Ecuador[9] e no Perú, críanse razas de carne deste roedor para o consumo popular, utilizadas en diversas preparacións culinarias nestes países. Gastrónomos famosos considérano un manxar.[10]
Crese que posúe niveis elevados de omega 3. Ademais a súa carne posúe un alto valor nutritivo: pouca graxa (só 7,6 %) e moita proteína (20,3 %).[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.