From Wikipedia, the free encyclopedia
O caudillismo é o exercicio do poder político caracterizado pola agrupación dunha comunidade en torno ao caudillo. En xeral, os caudillos son líderes políticos carismáticos ligados a sectores tradicionais da sociedade (como militares e grandes terratenentes) e que basean o seu poder no populismo. Moitas veces, os líderes son chamados caudillos cando permanecen no goberno por máis tempo do convencional.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
O caudillismo presénta se como forma de exercicio de poder diverxente da democracia representativa. No entanto, nin todos os caudillos son ditadores: ás veces poden exercer forte liderado autocrático e carismático mantendo formalmente a normalidade democrática.
O caudillo é o líder dun grupo humano que exerce o seu poder de maneira autoritaria, e as relacións persoais do líder con seus adeptos é estreita e emocional. En xeral, ten orixes entre representantes das elites tradicionais, como terratenentes e militares. É común entre os caudillos a tendencia a se perpetuar no poder, sexa por consecutivas reeleccións ou por mandato vitalicio. Seu carisma, aínda que non sempre é transferíbel no caso da súa morte, pode ser estendido para parentes, como esposa e fillos (como Papa Doc e seu fillo Baby Doc no Haití e Perón e súas esposas Evita e Isabelita na Arxentina). O caudillo pode exercer o poder en todo un país ou só nunha rexión ou provincia (asemellándose ao coronelismo no Brasil).
Fóra do contexto latinoamericano, houbo tamén caudillos na África (como o ugandés Idi Amin) e na Europa (como o húngaro Almirante Horthy). O Xeneral Francisco Franco, ditador de España entre 1939 e 1975, era tratado oficialmente como Caudillo.
Na cultura e no imaxinario popular, a figura do caudillo está asociada a individuos brutos, violentos, corruptos, culturalmente ignorantes e extremamente apegados a valores tradicionais (como a relixión).
A idea de caudillo xurdiu na América Latina para designar líderes conservadores que asumían o poder por medio de golpes de Estado e implantaban ditaduras personalistas. En moitos casos, eran militares ou grandes propietarios de terras. O xurdimento de caudillos era favorecido pola propia estrutura social das ex-colonias españolas e portuguesas, nas cales os terratenetes detiñan gran poder político (a exemplo do coronelismo no Brasil). O sistema caudillista favoreceu a implantación de ditaduras militares ao longo dos séculos XIX e XX, como ocorreu na Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Haití, o Perú e o Uruguai.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.