Catherine Deneuve

actriz francesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Catherine Deneuve

Catherine Dorléac, coñecida como Catherine Deneuve, nada o 22 de outubro de 1943 en París é unha actriz francesa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Catherine Deneuve
Thumb
(2017)
Biografía
Nacemento(fr) Catherine Fabienne Dorléac
22 de outubro de 1943 (81 anos)
17º distrito de París (Francia)
Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO
19 de outubro de 1994 – 12 de novembro de 2003
Datos persoais
Outros nomesCatherine Deneuve
ResidenciaParís
Altura1,68 m
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante, modelo, actriz de cinema, actriz de dobraxe
Período de actividade1957 -
InstrumentoVoz
Selo discográficoPhilips
Mercury Records
Familia
CónxuxeDavid Bailey (1965–1972)
ParellaRoger Vadim
Marcello Mastroianni
FillosChristian Vadim
 () Roger Vadim
Chiara Mastroianni
 () Marcello Mastroianni
PaisMaurice Dorléac   e Renée Simonot
IrmánsFrançoise Dorléac
Sylvie Dorléac
Danielle Clariond
Premios

Allocine: 191 TCM: 48597 TV.com: people/catherine-deneuve
iTunes: 1448522993 Last fm: Catherine+Deneuve WikiTree: Dorléac-1 Genius: Catherine-deneuve
Pechar

Traxectoria

É filla de Maurice Dorléac, actor de teatro e cine, e tamén director de dobraxe na Paramount. A súa avoa era apuntadora no teatro do Odéon e a súa nai actriz. A súa irmá era a actriz Françoise Dorléac.

Viviu co realizador Roger Vadim (con quen tivo un fillo, Christian Vadim, en 1963). Despois casou en 1965 co fotógrafo David Bailey, do que se separou en 1967. Máis tarde viviu co realizador François Truffaut, o actor Marcello Mastroianni (co que tivo unha rapariga, Chiara Mastroianni, en 1972), e, xa nos anos 80, co comunicador Pierre Lescure .

Considerada en todo o mundo como unha das máis grandes actrices francesas dos 40 últimos anos, goza dunha notoriedade internacional e dunha filmografía excepcional. Todos os máis grandes realizadores europeos recorreron ela, asociando definitivamente o seu nome á historia do cine do final do século XX.

En 1985 foi escollida como imaxe da Marianne, representación feminina da República francesa.[1] Tamén foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO.

Premios

  • 1981: César á mellor actriz por O Último Metro
  • 1993: César á mellor actriz por Indochine
  • 1998: Copa Volpi á mellor actriz no Festival de Venecia por Place Vendôme
  • 2002: Oso de Prata do Festival de Berlín á Mellor Contribución Artística Individual outorgada ás 8 actrices da película Oito Mulleres.

Filmografía seleccionada

  • 8 femmes (2001)
  • Dancer in the Dark (2000)
  • Place Vendôme (1998)
  • Os ladróns (Les voleurs) (1996)
  • Indochine (1992)
  • Drole d'endroit pour une rencontre (1988)
  • Fort Saganne (1984)
  • Le Dernier Métro (1980)
  • Courage fuyons (1979)
  • Alma perdida (1977)
  • Tristana (1970)
  • Peau d'âne (1970)
  • La sirène du Mississippi (1969)
  • Mayerling (1968)
  • Belle de jour (1967)
  • Les demoiselles de Rochefort (1967)
  • La vie de château (1966)
  • Repulsion (1965)
  • Les Parapluies de Cherbourg (1964)

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.