Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A categoría de risco de lactación materna é un xeito de identificar os riscos potenciais para un bebé a partir de fármacos que pasan ao leite materno; moitos medicamentos considéranse seguros.[1] O concepto deriva da necesidade de equilibrar os beneficios dos medicamentos para a nai fronte aos riscos potenciais para o lactante.
Non todos os fármacos seguros durante o embarazo son necesariamente seguros durante a lactancia.[2]
Os fármacos transfírense ao leite materno a través dun proceso de difusión pasiva.
As substancias pasan do plasma materno aos lactocitos que recubren o alvéolo e, eventualmente, ao leite.[3]
As categorías de risco están marcadas con L1, L2, L3, L4 e L5. Estas indican desde os fármacos seguros para a lactancia até os totalmente contraindicados, por esa orde.[3]
A información actualízase regularmente e baséase en aspectos farmacocinéticos e estudos científicos recentes. Un exemplo é o traballo do farmacólogo Dr. Thomas Hale.
Categorías de risco farmacolóxico na lactación segundo o doutor Hale.[3] | |
Categoría L1 | Máxima seguridade. Fármaco que foi tomado por un gran número de nais lactantes sen observar aumento dos efectos adversos sobre o bebé. Os estudos controlados en mulleres lactantes non demostran un risco para o lactante, e a posibilidade de dano ao lactante é remota ou o produto non está biodispoñíbel por vía oral para un bebé. |
Categoría L2 | Seguro. Un fármaco que foi estudado nun número limitado de mulleres lactantes e que non se demostrou que aumente os efectos adversos no lactante; e/ou a evidencia dun risco probábel demostrado tras o uso desta droga nunha muller lactante é remota. |
Categoría L3 | Moderadamente seguro. Non hai estudos controlados en mulleres lactantes; con todo, é posible o risco de efectos adversos para un lactante; ou, estudos controlados mostran só efectos adversos mínimos e non ameazantes. Os medicamentos só deben administrarse se o beneficio potencial xustifica o risco potencial para o bebé. |
Categoría L4 | Posibelmente perigoso. Existen evidencias positivas de risco para un bebé amamantado ou para a produción de leite materno, pero os beneficios do uso nas nais lactantes poden ser aceptábeis a pesar do risco para o bebé (por exemplo, se o medicamento é necesario nunha situación que ameaza a vida ou enfermidade grave para a que non se poden usar medicamentos seguros ou son ineficaces). |
Categoría L5 | Contraindicado. Estudos en nais lactantes demostraron que existe un risco importante e documentado para o lactante en base á experiencia humana; ou é un medicamento que ten un alto risco de causar un dano importante a un bebé. O risco de usar a droga en mulleres lactantes supera claramente calquera posible beneficio da lactación materna. O medicamento está contraindicado en mulleres que están amamantando a un bebé. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.