Castro Urdiales
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Castro Urdiales é un concello costeiro situado no extremo oriental de Cantabria. No ano 2010 tiña 32.258 habitantes, sendo a terceira maior vila de Cantabria.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Castro-Urdiales | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.225 (2023) (343,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 96,72 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 19 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Castro Urdiales (en) | Iván González Barquín | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39700 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39020 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | castro-urdiales.net |
O concello está situado á beira do mar Cantábrico, na Comarca da Costa Oriental. Limita ao leste coa provincia de Biscaia, ao oeste con Liendo e ao sur con Guriezo. Está a 75 km de Santander e a 35 de Bilbao.
Está atravesado polo río Agüera, que desemboca na ría de Oriñón e forma o val de Guriezo, conformando o espazo natural LIC Río Agüera. Outros cursos fluviais secundarios son o Mioño e o Sámano, que desembocan no anterior, e mailo Sabiote, na parte máis oriental.
Malia estar situado na costa, o concello ten diversos cumios, como Pico Cerredo (643 m) ao leste ou Peña de Santullán ao oeste. As maiores altitudes están no límite sur con Biscaia: Pico Betayo (720 m) e Pico Ventoso (731 m).
O concello ten preto de 20 km de litoral. Ten diversos areais, como as praias de Oriñón, Arenillas, Ostende, Brazomar, Dícido (Mioño) ou El Berrón. Tamén hai diversos cabos (Sonabia, Islares, Rebanal, Cotolino, Saltacaballos e Ontón). O río Agüera forma un esteiro na ría de Oriñón.
A rexión conta cun clima atlántico húmido, con frecuentes choivas. A proximidade ao mar provoca unha feble oscilación térmica. Con todo, a temperatura é reducida por mor da corrente do Golfo.
A zona xa estaba poboada na prehistoria, como mostran as pinturas rupestres atopadas nas covas de La Peña del Cuco, Urdiales, La Lastrilla, La Dársena e no Macizo de Juan Gómez.
Atopáronse poboados castrexos na peña de Santullán,[1] Cotolino,[2] o monte Cueto[3] e a punta do Rebanal[4].
Antes da romanización, xa Plinio o Vello menciona en Naturalis Historia a existencia do Portus Amanus (porto dos Amanos), que forma parte dos Autrigones e do Castrum Vardulies (castro dos várdulos). Neste poboado habitaban os sámanos, que deron nome ao río e o val de Sámano. Porén, Tolomeo di que esa parte da costa pertencía ás terras dos autrigóns, se ben quizais os caristios e mailos autrigóns formasen parte dos várdulos.
Na zona atopouse unha escultura de bronce de 14 cm de altura coñecida como "Neptuno Cántabro", cun golfiño nunha man e o que semella un tridente na outra, quizais representando unha divindade indíxena. Este grupo dedicábase á pesca, agricultura e gandaría. Atopáronse restos de cerámicas de bronce e ferro e restos de trigo, cunchas e excrementos.
No ano 74 estableceuse no territorio a colonia romana de Flaviobriga (cidade de Flavio). Tiña xurisdición sobre nove cidades: Uxama, Segisamunculo, Antecuja, Deóbriga, Vindelia, Salionica, Tritium, Metallum e Viruesca.
Segundo Luitprando, no século X Flaviobriga era a capital dos pobos Amanos, que forman parte dos Autrigóns.
A principal actividade da vila era do sector marítimo: a pesca e maila construción naval nos estaleiros, tanto de naves de pesca (baixura e baleas), comercio e buques para a mariña do reino de Castela.
En 1163 Afonso VIII de Castela concedeu a Castro Urdiales o título de vila mediante o Foro de Logroño. Na época de Fernando III as naves de Castro Urdiales participaron na conquista de Sevilla. Trala conquista de Cádiz por Afonso X, en 1262 veciños da vila participaron na repoboación da cidade.
No século XIII construíuse a igrexa de Santa María da Asunción. En 1296 creouse a irmandade da Marina de Castilla, xunto a San Vicente de la Barquera, Santander, Laredo, Bermeo, Getaria, Donostia e Vitoria, co obxectivo de protexer o comercio marítimo. A Irmandade tivo enfrontamentos co reino de Inglaterra, especialmente cos asentados en Baiona.
En 1394 a vila uniuse ao señorío de Biscaia buscando protección, deixándoo en 1471 a través dunha cédula do conde de Haro, Pedro Fernández de Velasco.
Trala chegada de Cristovo Colón a América tivo lugar un rexurdimento comercial da vila, dedicándose case en exclusiva á actividade mercantil coas colonias de ultramar e abandonando practicamente o comercio coa Europa Atlántica.
A finais do século XVI descendeu a poboación por mor de varias pestes e os continuos temporais. En 1588 formou parte da Armada Invencible con 15 naves e uns 400 homes baixo mando de Antonio Hurtado de Mendoza.
O 11 de maio de 1813 foi tomada polas tropas napoleónicas franco-italianas do Xeneral Foix. A cidade quedou practicamente destruída, e parte dos defensores conseguiron escapar en buques ingleses[5]. A mediados do século XIX houbo un rexurdimento da vila mercede ás actividades mineiras e á crecente importancia da pesca e as fábricas de conservas de peixe.
Na actualidade é unha vila turística e residencial, sendo o terceiro concello con máis poboación de Cantabria.
Ten unha poboación de dereito de máis de 30.000 habitantes, pero non obstante se contamos a poboación de feito este número podería incluso a chegar a dobrarse. En 1996 o concello apenas superaba os 15.000 habitantes dobrando este cantidade en apenas 12 anos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.