Castelo de Vilalba
castelo ou torre dos Andrade, Vilalba From Wikipedia, the free encyclopedia
A Torre do Castelo dos Andrade ou Torre dos Andrade é o que queda do Castelo de Vilalba, construción que tivo as súas orixes na familia dos Castro no século XI. A imaxe actual é resultado da reconstrución feita no século XV polo conde de Vilalba Diego de Andrade.
Castelo de Vilalba | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | monumento, castelo e Parador de Turismo | |||
Parte de | Camiño do Norte | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Vilalba | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008938 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
[ Wikidata ] |
Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949,[1] ratificado en normativa posterior.[2]
Situación
Sitúase no casco urbano de Vilalba, a carón da praza e igrexa de Santa María.
Historia
A elección do lugar para a súa construción baseouse no valor estratéxico da localización xa que no lugar confluían o Camiño do Norte e o antigo Camiño Real de Betanzos e A Coruña.
Durante unha boa parte da Idade Media a vila de Vilalba pertenceu a familia dos Castro. Durante a guerra civil entre Henrique II de Trastámara e Pedro I este dooulle a vila ao naquel momento o seu aliado Fernán Pérez de Andrade, O Boo. Fernán abandonou a causa petrista e puxo a salvo das forzas inimigas na fortaleza de La Rochele ao finalmente vitorioso Henrique II. Unha vez vitorioso o rei outorgou ao Andrade, entre outras moitas posesións, o señorío da vila.
No século XV os Irmandiños atacaron o castelo do señor de Vilalba Nuno Freire de Andrade, o Mao derrubándoo. O edificio non foi reconstruído ata que os Reis Católicos lle concederon o condado de Vilalba a Diego de Andrade.
Anos máis tarde o castelo retornou ao patrimonio dos Castro por mor do casamento entre Teresa de Andrade, neta de Diego de Andrade, e Fernando Ruiz de Castro Osorio da casa de Lemos.
No século XVIII foi obxecto de novas reformas.
Na década de 1960 foi habilitado para a súa explotación económica como Parador de turismo, sendo o máis pequeno de toda a rede. Inicialmente foi un parador de 3 estrelas con 6 habitacións. Recentemente ampliouse cun edificio anexo con 42 novas habitacións, mantendo o equilibrio coa contorna e adquirindo a categoría de 4 estrelas[3].
Descrición

A estrutura do antigo castelo era de planta poligonal rodeada por unha muralla. A fortaleza tiña tres torreóns, un deles comunicado a través dunha ponte levadiza.
A actual torre é de planta octogonal. Trátase da antiga torre da homenaxe do castelo. Levántase en cachotaría de xisto e reservando o uso do granito para os remates e elementos decorativos (ameas e xambas de portas e ventás).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.