Carpaccio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Carpaccio

O carpaccio é unha preparación en finas láminas dunha carne ou peixe, crus. Dentro das carnes a máis usada é a de tenreira. Bótaselle aceite de oliva e algunhas gotas de limón, todo iso decorado con labras de queixo Grana Padano. É posible encontrar carpaccio de ñu ou bovino, avestruz, touro, angus, cabalo ou lontra.

Thumb
Carpaccio servido no que se poden ver o queixo en lascas.

Orixe

Se ben a orixe exacta do prato se ignora, acostúmase afirmar que data de mediados do século XX e que procede da invención de Giuseppe Cipriani[1] no Harry's Bar de Venecia,[2] onde sería preparado a pedido dunha cliente e amiga, a condesa Amalia Nani Mocenigo, a quen o seu médico lle prescribira comer carne crúa. Pola súa similitude cromática coas obras do pintor Vittore Carpaccio, cunhas obras que se caracterizan pola profusión do vermello e o amarelo, pois foi bautizado deste xeito.

Consideracións sanitarias

Todo aquel que tome este prato (de tenreira) debe asumir un risco de contaxio por teníase, aínda que a niveis sanitarios non ten problema ningún, xa que é asintomático. Recoméndase especial precaución coas mulleres encintas. Débese considerar a posibilidade de contaxio por toxoplasmose a través do consumo de carne crúa.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.