Carlos Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Carlos Vázquez Pimentel, nado en Lugo e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1984,[1] foi un médico e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Carlos Vázquez Pimentel
Biografía
Nacementoséculo XIX
Lugo, España
Morte23 de marzo de 1984
Lugo, España
Alcalde de Lugo
1934 – 1934
 José Cobreros de la BarreraCamilo López Pardo 
Actividade
Ocupaciónmédico, político
Familia
IrmánsLuís Pimentel
José Vázquez Fernández-Pimentel
María Mercedes V. Fernández-Pimentel

Pechar

Traxectoria

Irmán do poeta Luís Pimentel. Traumatólogo, exerceu no Sanatorio Pimentel de Lugo. Participou na reorganización da Agrupación Socialista de Lugo en 1930. Foi elixido concelleiro e foi tenente de alcalde na primeira corporación republicana e vogal Comisión Xestora Provincial (entre maio de 1931 e febreiro de 1934). Foi candidato do PSOE nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. A finais de febreiro de 1934 foi elixido alcalde de Lugo, logo da dimisión de José Cobreros de la Barrera, permanecendo no posto ata outubro dese ano. Formou parte da xunta do Museo Provincial de Lugo.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado cunha multa de 25.000 pesetas e confinado primeiro en Palencia en decembro de 1937 e despois en Castropol (de marzo de 1938 a marzo de 1939). Foille levantada a sanción logo de atender varios feridos a conta do sanatorio Pimentel e doar cantidades superiores a 39.000 pesetas para o Exército e milicias e o primeiro piso da súa casa para Secretaría de Falange.[Cómpre referencia] En 1940 foi expedientado por responsabilidades políticas e sancionado co pago de 100 pesetas.[2]

Predecesor:
José Cobreros de la Barrera
 
Alcalde de Lugo
 
1934
Sucesor:
Camilo López Pardo

Vida persoal

Casou en xaneiro de 1935 con Carmen Llamas Montero,[3] que finou en 1979,[4] e foi pai de Carlos, Germán, Felipe e Isabel Vázquez-Pimentel Llamas.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.