botánico checo From Wikipedia, the free encyclopedia
Karel Bořivoj Presl, máis coñecido na bibliografía internacional como Carl Presl ou Karl Presl, nado o 17 de febreiro de 1794 en Praga, e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 1852, foi un botánico bohemio.
Karel Bořivoj Presl | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Karel Bořivoj Presl 17 de febreiro de 1794 Praga, Bohemia, Sacro Imperio Romano-Xermánico |
Morte | 8 de outubro de 1852 Praga, Bohemia, Imperio austríaco |
Lugar de sepultura | cemiterio de Vyšehrad (Vyšehradský hřbitov) de Praga |
País de nacionalidade | bohemia |
Formación profesional | Doutor en Medicina e en Filosofía |
Educación | Universidade Carolina de Praga |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, profesor universitario |
Empregador | Universidade Carolina de Praga |
Membro de | |
Lingua | alemán, latín |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | C.Presl |
Familia | |
Nai | Maria Theresia Anna Presl, nada Straka |
Irmáns | 6, un deles Jan Svatopluk Presl |
Premios | |
Membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina Membro correspondente da Academia prusiana das ciencias | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, |
O seu primeiro nome tamén aparece escrito como Carl ou Carel, ou Carolus, e o seu segundo nome tamén aparece na grafía Bořiwog, Boriwog, Boriwag.[1]
Presl pasou toda a súa vida en Praga, agás no ano 1817, en que fixo unha expedición a Sicilia.
Estudou na Universidade Carolina de Praga da que posteriormente foi profesor de historia natural e tecnoloxía.[2]
O seu irmán máis vello Jan Svatopluk Presl (1791-1849) foi profesor de zooloxía e mineraloxía na mesma Universidade.[2]
En 1820 publicou unha Flora bohemica. Foi o descritor de máis de 4 000 especies de plantas.[1]
En 1837 foi elixido membro da Leopoldina.[3] E desde 1838 Presl foi membro correspondente da Academia prusiana das ciencias..
A abreviatura C.Presl emprégase para recoñecer a Carl Presl como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.