Carel Godin de Beaufort

From Wikipedia, the free encyclopedia

Carel Godin de Beaufort
Remove ads

Jonkheer (Barón) Karel Pieter Antoni Jan Hubertus (Carel) Godin de Beaufort nado en Maarsbergen o 10 de abril de 1934 e finado en Colonia, Alemaña o 2 de agosto de 1964 foi un pilotode carreiras e nobre holandés dos Países Baixos. Competiu na Fórmula Un entre 1957 e 1964.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Carreira

Godin de Beaufort participou en 31 Grandes Premios do Campionato do Mundo, converténdose no primeiro holandés en puntuar no Campionato do Mundo de Fórmula Un e en numerosas carreiras de Fórmula Un fora do Campionato. Foi un dos últimos pilotos verdaderamente afeccionados na F1, e pilotou os seus propios coches, pintados co vibrante cor de carreiras holandés: laranxa, baixo o escudo "Ecurie Maarsbergen", o equipo tomou o seu nome da casa de campo de Beaufort. Nos primeiros anos considerárono unha especie de chicana móbil, e un perigo para os outros pilotos da pista. Con todo, en anos posteriores converteuse nun rival competente e popular.

Sempre un devoto de Porsche (soamente pilotou dúas carreiras do campionato do mundo con outros coches) era unha visión familiar no campionato e nas carreiras fóra de Campionato no seu Porsche 718 laranxa, comprado ao equipo Rob Walker Racing Team. Aínda que o 718 xa estaba obsoleto no seu primeiro ano con el, persistiu con el pois era o único deseño no cal cabía o seu rexo corpo. O tamaño do coche, e un trazo de humor autocrítico do propio Beaufort, valeulle o alcumo de "Porsche Gordiño". Coa estereotipada excentricidade aristocrática a miúdo pilotaba sen zapatos,[1] E na súa última carreira en Alemaña ata foi visto correndo as voltas da práctica levando unha peluca dos Beatles, en lugar do seu casco.[2]

Remove ads

Morte

Godin de Beaufort pilotaba o Porsche 718 na práctica para o Gran Premio de Alemaña de 1964 en Nürburgring cando o coche saíuse de súpeto da pista na infame curva de Bergwerk. Saíu despedido do coche e sufriu múltiples feridas na cabeza, o peito e as pernas. Inicialmente Beaufort foi levado a un hospital en Koblenz, pero ao día seguinte foi trasladado a un importante centro neurolóxico en Colonia onde morreu pola noite.

Thumb
Porsche 718 de Carel Godin de Beaufort
Remove ads

Rexistro de carreiras

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...

‡ participou cun Fórmula 2.

Resultados completos na Fórmula 1 fóra de campionato

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads