Caravasar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un caravasar é un albergue para viaxeiros e comerciantes con instalacións para o almacenamento seguro das mercancías e cortellos para os animais de carga, situado nas longas rutas comerciais ou de peregrinación do mundo musulmán. Deste xeito, a maior concentración de caravasares atopámola en Asia Central, aínda que tamén se estendeu o seu uso polo norte de África e Europa suroriental. Neste caso os caravasares non xogaron un papel fundamental nas grandes rutas comerciais asiáticas, aínda que foron grandes dinamizadores da economía interior da zona, xa que conectaban as cidades e portos máis importantes. Situábanse a 30 km, por regra xeral, uns dos outros.[1]
A palabra caravasar, ou na súa forma menos estendida "caravanserai", provén do persa karawan saray, composta por caravan (كاروان, que significa viaxeiros), e sarai (سرا, que significa hostal, refuxio ou pazo). De tódolos xeitos, tamén reciben o nome de khan.
A arquitectura dun caravasar baséase nas regras xeométricas e no seu deseño empréganse un número limitado de elementos arquitectónicos definidos pola ríxida tradición. Aínda así estas pezas articúlanse, combínanse e multiplícanse de xeito que, a pesar de certa unidade estilística, cada caravasar presenta as súas propias particularidades.
Os caravasares, xeralmente, son edificios de planta cadrada ou rectangular que contan con soamente unha porta o suficientemente larga como para que, aberta de par en par, poidan acceder sen problemas bestas grandes ou moi cargadas, como por exemplo os camelos da Ruta da Seda. Este acceso conducía normalmente a un patio amplo que, case sempre, non tiña cuberta. Nas paredes interiores que arrodean o mencionado espazo sitúanse un número de recintos idénticos uns aos outros onde acomodar aos viaxeiros e aos seus servidores. Evidentemente, o espazo do caravasar contaba tamén con cortellos para os animais e almacéns para gardar de xeito seguro as mercadorías. Na maior parte das ocasións os caravasares, para lograr unha mellor protección do que agochaba no interior e persuadir aos posibles agresores, estaban fortificados.
Co tempo os caravasares fóronse sofisticando e ofrecendo novos luxos ou comodidades aos seus hóspedes. De tal xeito, moitos contaron con baños, casas do té e mesquitas. Co tempo tamén foi común que o patio se habilitase como espazo comercial, é dicir, unha auténtica praza na que se situaban postos para a compra de mercadorías necesarias para a viaxe e diferentes artigos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.