From Wikipedia, the free encyclopedia
Caratacus (latín Caratacus, britónico *Caratācos, galés medio Caratawc; galés Caradog; bretón Karadeg; grego Καράτακος; variantes en latín Caractacus e grego Καρτάκης) foi un rei británico da tribo dos catuvelaunos (aínda que tamén liderou os siluros) que se impuxo como xefe supremo dunha coalición de xefes británicos que se formou no ano 42[1].
Nome orixinal | (cy) Caradog |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 |
Morte | 54 (38/39 anos) Roma, Italia |
Rei | |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Carreira militar | |
Comandante de (OBSOLETO) | Ordovicos (pt) e Siluros (pt) |
Outro | |
Título | Rei |
Fillos | Saint Cyllin, Saint Eigen, Claudia |
Pai | Cunobelino |
Irmáns | Togodumnus Adminius |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) |
Fillo de Cunobelino, fixo a guerra contra os romanos que o atacaron, pero despois trasladou as operacións ao territorio dos ordovices e escolleu unha posición óptima para a batalla. O propretor Publio Ostorio Escápula decatouse diso e non se atreveu a loitar, pero os seus oficiais obrigárono a combater, e a superior disciplina e armamento dos romanos lograron a vitoria na batalla de Caer Caradoc.
A muller e as fillas do rei caeron en mans dos romanos, e os seus irmáns rendéronse. Carataco buscou a protección da raíña Cartimandua dos brigantes, pero esta entregouno aos romanos que o levaron a Roma no ano 51.
Claudio fíxoo desfilar nas celebracións do triunfo. Carataco dirixiuse nobremente ao emperador e o emperador perdooulle a el, así como á súa familia e amigos, pero non regresou a Britania e tivo que permanecer en Italia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.