From Wikipedia, the free encyclopedia
Carassius é un xénero de peixes cipriniformes da familia Cyprinidae.[1] Son peixes de auga doce distribuídos orixinalmente no leste de Asia pero que foron introducidos en gran parte de Europa.[2]
Carassius | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carpa dourada (Carassius auratus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Cyprinus carassius Linnaeus, 1758 |
A lonxitude máxima descrita foi de 64 cm[3], tendo un corpo groso e un pedúnculo caudal curto e groso; algunhas especies presentan brillantes pigmentacións vermellas, alaranxadas ou crema prateadas, polo que adoitan recibir o nome xenérico de «peixes dourados».[4]
Son peixes pertencentes ao bentos que habitan en lagos ricos en vexetación e ríos de augas lentas, de climas entre tépedos a tropicais.[2] Adoitan ser omnívoros, alimentándose de plantas, detritos e pequenos invertebrados.[5] Toleran ben o frío, a contaminación e os baixos niveis de osíxeno na auga, o que os fai idóneos para adornar estanques de parques humanizados.[6]
Algunhas especies son criadas en acuicultura para a súa comercialización como peixes de acuario ou de estanque.[6][7] Poden vivir moito tempo mantidos en catividade, a marca é de 25 anos[8] en grupos de 4 ou máis individuos con tamaño mínimo de acuario de 200 litros.[9]
De acordo con FishBase, comprende as seguintes especies:[10]
De acordo co Rexistro Mundial de Especies Mariñas, só comprende:[11]
De acordo co Sistema Integrado de Información Taxonómica, comprende:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.