especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A carapucha pinta, Neotinea maculata,[1] (Desfontaines) Stearn 1975 é unha especie de orquídea do xénero Neotinea da subfamilia Orchidoideae da familia Orchidaceae que están moi próximas ao xénero Orchis. Distribúense por Europa e Asia Menor. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Carapucha pinta | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Neotinea maculata' (Desfontaines) Stearn. 1975 |
As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, crecen desde os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son redondos As inflorescencias que son erectas en espiga, saen da roseta basal de follas estando cuberto o talo en 1/3 por unha bráctea cor verde clara. Presenta unha densa floración con flores pequenas. O tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos e forman unha especie de casco militar (de aí o nome), que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor branca rosada coas nerviacións a cor rosa máis pronunciada. O labelo sobresae debaixo do casco 1/3 partes, e é de cor branca presentando na zona central manchas de cor rosa. O labelo presenta no apéndice unha terminación en liña recta. Tamén presenta dous lóbulos, un a cada lado na parte inferior que están lixeiramente arqueados cara a fóra e cara abaixo. Ten dous pétalos máis, moi reducidos. Florecendo desde abril até xuño. A cor pode variar desde branco a diferentes tons de rosa.
Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra. Atópase en Gran Bretaña, Europa Occidental, Grecia, e Asia menor.
A fariña dos seus tubérculos chamada salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.
Neotinea maculata foi descrita por William Thomas Stearn e publicada en Annales Musei Goulandris 2: 79. 1975.[2]
As orquídeas obteñen o seu nome do grego "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 A.C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da botánica e da ecoloxía.
Neotinea: nomeada por Vincenzo Tineo un profesor italiano de botánica.
maculata: epíteto que significa "manchada", aludindo á presenza de manchas nas follas.[3]
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.