Caquetá
departamento de Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
departamento de Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
Caquetá é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase localizado no suroccidente do país, na rexión amazónica colombiana, sendo Florencia a súa capital. A rexión do Caquetá iniciase ao pé do monte andino e remata nos escarpes de Araracuara, en plena selva amazónica. Grandes ríos regan o territorio, tódolos afluentes do río Caquetá, que lle serve de límete polo sur. Entre estes ríos destacan o Ajajú ou Apaporis, o Yarí, o Caguán e o Orteguaza, navegábeis por embarcacións menores.
Departamento del Caquetá (es) | |||||
Lema | «Libertad, Paz y Progreso» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Capital | Florencia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 410.521 (2020) (4,61 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua minica Lingua bora Lingua yucuna Lingua murui Lingua andoque Lingua andaquí Tama (en) Lingua koreguaje Lingua muinane Lingua macaguaje Lingua inga da xungla | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 88.965 km² | ||||
Altitude | 182 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 15 de decembro de 1981 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the governor of Caquetá department (en) | ||||
• Governor of Caquetá Department (en) | Álvaro Pacheco Álvarez (en) (2016–2019) | ||||
Órgano lexislativo | departmental assembly of Caquetá (en) Circunscrición: 0, (Escano: 11) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CO-CAQ | ||||
Páxina web | caqueta.gov.co |
A excepción das poboacións que moran baixo as bases da corilleira, e uns poucos casaríos indíxenas nas marxes dos grandes ríos, o resto do territorio áchase practicamente deshabitado e cuberto de espesa selva tropical húmida, cunha temperatura de entre 27º e 29º.
Os solos están compostos sobre rocas metamórficas da serie das Guaianas, ademais de arenitas de roraima e do Cretáceo. Tamén aparecen cara a cunca do Caquetá rocas sedimentarias do Cenozoico.
Economicamente, o territorio é rico en madeiras, resinas, plantas medicinais e gomas. Os solos, especialmente os que lindan coa cordilleira, son fértiles, e aproveitanse con cultivos de arroz, plátano, iuca, cacao e cana de azucre. No pé do monte, existen depósitos de estaño e carbón.
A fauna é diversa e abundante, tanto a terrestre como a fluvial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.