From Wikipedia, the free encyclopedia
O canto difónico (ou canto dos harmónicos) é o canto de dous ou máis sons ó tempo por unha única persoa, que ó manipular os espazos da cavidade bucal resalta os harmónicos da propia voz. Esa experiencia conduce a novos planos de escoita e de emisión vocal. En certas culturas, é usado para a meditación.
Esa técnica é bastante popular na Asia Central, de onde vén súa orixe entre mongois e tuva. O amplo uso na música tradicional tamén se verifica na Suráfrica, entre as mulleres xosa, nas que a técnica é frecuentemente acompañada por chamada e resposta. En América do Norte, o seu uso tradicional está en grupos indíxenas como os inuit, sendo practicado xeralmente por mulleres. Pola súa natureza suave, ese canto era usado como cantiga de ninar. Tamén é usado no Tíbet polos lamas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.