From Wikipedia, the free encyclopedia
Huun-Huur-Tu (en tuva: Хүн Хүртү, Khün Khürtü, en ruso: Хуун-Хуур-Ту) é un grupo de música orixinario da República dos Tuva, unha república federal de Rusia que se atopa na fronteira con Mongolia. A característica máis salientable da música de Huun Huur Tu é o Xöömej ou canto de gorxa, no cal cada cantante pode cantar á vez dúas ou tres voces. O ton máis agudo pode soar como unha frauta, un asubío ou o chío dun paxaro.
Huun-Huur-Tu Хүн Хүртү | |
---|---|
Actuación en Tyumen, en outubro de 2012. | |
Orixe | República dos Tuva, Rusia |
Período | 1992 – presente |
Xénero(s) | Folk , Xöömej |
Membros | Kaigal-ool Khovalyg Sayan Bapa Radik Tülüsh Alexei Saryglar |
Antigos membros | Albert Kuvezin Alexander Bapa Andrey Mongush Anatoli Kuular |
Na rede | |
http://www.huunhuurtu.ru/ | |
O grupo toca instrumentos tradicionais tuvas, como o igil, o khomus, o doshpuluur e o dünggür. Porén, tamén fixeron unha incorporación selectiva de instrumentos occidentais, como a guitarra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.