superfamilia de crustáceos decápodos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os paguroideos (Paguroidea) son unha superfamilia de crustáceos decápodos da infraorde dos anomuros.
Paguroideos Paguroidea | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cangrexo ermitán (Pagurus bernhardus) Aquarium Finisterrae da Coruña | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
|
A superfamilia foi creada en 1802[1] polo naturalista francés Pierre André Latreille.[2]
Segundo o WoRMS, a superfamilia dos paguroideos comprende as seguintes familias:[1]
Algúns autores consideran, ademais, a familia fósil:
Existen no mundo ao redor de 500 especies de paguroideos, sendo a maioría deles acuáticos, pero tamén hai algúns terrestres.
Estes crustáceos teñen en común o uso de cunchas de caracois para cubrir o seu pleon (abdome), que é máis brando que o doutros cangrexos. Este tipo de relación interespecífica que manteñen coas cunchas de moluscos mortos denomínase tanatocrese, e son dos poucos animais que a realizan.
Só a parte dianteira (o cefalotórax) está cuberta por un exoesqueleto ríxido. Para protexerse agóchanse dentro de cunchas baleiras de moluscos. O abdome está enroscado para que poida coller dentro da cuncha; ademais, as súas pinzas e patas marchadoras permítenlles bloquear a entrada. A medida que o cangrexo medra debe cambiar de casa. Empeza por inspeccionar detidamente coas súas pinzas as cunchas baleiras e, cando encontra a adecuada, cámbiase rapidamente. Para os paguroideos encontrar unha cuncha baleira é cuestión de vida ou morte, polo que son frecuentes as loitas entre eles cando hai poucas dispoñíbeis.
Aliméntanse de todo. Aínda que son basicamente preeiros, tamén inclúen na súa dieta caracois acuáticos, mexillóns, vermes, pequenos crustáceos e diversas larvas, así como algas.
Os paguroideos xeran centos de crías, aínda que o número depende do tipo de casca que teña o cangrexo e das substancias que absorba.
Xeralmente a femia leva os óvulos baixo o abdome e, unha vez fecundados, libera os ovos ao mar onde, ao eclosionar, as pequenas larvas, chamadas zoeas, forman parte do zooplancto.
Aparéanse dúas veces ao ano.
Os paguroideos, ao iren medrando, van sufrindo metamorfoses e mudas, até que lles saen as súas catro antenas e as dúas pinzas. Entón xa están listos para buscar unha cuncha que protexa o seu abdome e saír ás praias, onde vivirán case toda a súa vida adulta.
Co paso do tempo, o cangrexo crece e necesita outra casca, para o cal absorbe auga nunha proporción de case o 70 % do seu peso e así, inchado, produce o rompemento da vella casca (écdise).
O inconveniente deste sistema de crecemento é que no lapso que transcorre entre que se desprende da casca vella e se lle endurece a nova, o animal queda indefenso e a mercede dun gran número de depredadores que buscan esa oportunidade para comelo.
A cuncha na que se alberga retén auga, o que lle resulta moi útil ao cangrexo para a respiración branquial cando queda descuberto.
Algúns paguroideos non se conforman coa protección da cuncha e asócianse simbioticamente con anemones que escorrentan os depredadores cos seus tentáculos urticantes (ao tempo que as anemones se benefician dos desprazamentos que lles proporcionan os cangrexos).
Nas illas Baleares moitos pescadores cociñan os paguroideos á brasa, adubados con limón e pementa. Cócenos coa cuncha e as anemones asociadas a ela, ás cales chaman coloquialmente "figues" (en catalán, "figos"). A estas últimas fanlles un corte lateral para facilitar a limpeza da area que adoitan reter na súa cavidade gastrovascular, e cócenas até que están moi feitas. Ao limpalas débese ter especial coidado en non levar a man á cara (e especialmente aos ollos), xa que poden producir irritacións debido ás súas células urticantes.
O abdome dos paguroideos é brando, e a súa carne ten un sabor moi característico. De feito, é a única parte realmente apreciábel, xa que o cefalotórax é moi duro e contén pouca carne.
Os paguroideos tamén se poden engadir ás paellas e aos arroces, aínda que non hai demanda nas peixarías, xa que a súa gastronomía é pouco coñecida fóra dos mariñeiros e, polo tanto, o seu consumo moi reducido.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.