From Wikipedia, the free encyclopedia
Os anomuros (Anomura, dos elementos do latín científico anom(o)-, tirado do grego ανόμοιος anómoios, "diferente", "distinto", e -ura, plural neutro de -urus, -a, -um, derivado do grego ουρά ourá, "cola", "rabo") literalmente, "os de cola diferente (á dos outros grupos de decápodos)", tamén denominados ás veces anómalos (Anomala, nominativo plural do latín eclesiástico anōmalus, -a, -um, "irregular"), son unha infraorde de crustáceos decápodos, cuxos representantes máis coñecidos son os cangrexos ermitáns.
Anomuros / Anómalos (Anomura vel Anomala) Rango fósil: triásico superior - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O cangrexo ermitán Pagurus bernhardus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||
|
Os nomes anomura e anomala, como resulta evidente das súas respectivas etimoloxías, fai referencia á principal característica deste grupo, a forma pouco habitual do seu corpo, asimétrico. O nome alternativo Anomala reflicte a infrecuente variedade de formas nste grupo; considerando que todos os cangrexos comparten algunhas similitudes obvias, os diversos grupos de anomuros son bastante diferentes.[1]
Decápodo significa "con dez pés (ou patas", pero o quinto par de patas dos anomuros é moi reducido, quedando en ocasións oculto polo cefalotórax, empregándose non para a locomoción, senón para manteren limpas as branquias. Con esta distribución das patas, un "cangrexo" con "catro" pares de patas debe ser un anomuro e non un braquiúro.
O termo Anomura deriva dunha antiga clasificación na que os decápodos reptantes (Reptantia) se dividían en:
A infraorde subdivídese en catro superfamilias que albergan 14 familias[2] (ou 15, de contarmos a proposición de Boyko de considerar tamén á dos Blepharipodidae):
Superfamilia Galatheoidea (galateoideos)
Superfamilia Hippoidea (hipoideos)
Superfamilia Lomisoidea (lomisoideos)
Superfamilia Lithodoidea (litodoideos)
Superfamilia Paguroidea (paguroideos)
A clasificación da NCBI [4] coincide basicamente coa da ITIS, pero nos Paguroidea inclúe só 5 familias; non incluúen a dos Parapaguridae, e en lugar da dos Pylochelidae (Bate, 1888) colocan a familia sinónima dos Pomatochelidae (Miers, 1879).
No ano 2005 descubriuse especie Kiwa hirsuta, que foi situada nunha nova familia, a dos Kiwaidae.[5]
O fósil máis antigo atribuído aos anomuros é Platykotta, do noriano–retiano (triásico superior) dos Emiratos Árabes Unidos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.