especie de cangrexo From Wikipedia, the free encyclopedia
O cangrexo común, ou cangrexo verde,[2] ou simplemente cangrexo,[3][4] Carcinus maenas (Linnaeus, 1758), é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos.
Cangrexo común Carcinus maenas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Carcinus maenas (Linnaeus, 1758) [1] | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Esta especie, nativa das costas da zona nordeste do océano Atlántico (desde Islandia e Noruega até Mauritania) e o mar Báltico, colonizou hábitats semellantes en Australia, Suráfrica, Suramérica e as costas atlánticas e do océano Pacífico de Norteamérica, estando catalogada entre as 100 especies invasoras máis daniñas.[5]
A especie foi descrita en 1758 por Linneo,[6] baixo o nome de Cancer maenas.[7]
Ao longo da historia foi coñecida polo sinónimos seguintes:[7]
En Galicia, a profesora Mª C. Ríos Panisse recolle, no seu monumental Inventario,[3] os nomes de:
Outros nomes recollidos por Ríos Panisse en diversos lugares son (entre parénteses, nº de citas): anacra (2), cancarexa (1), candrexa (2), candrexo (1), cangrexo da pedra (1), canghrexa (1), canghrexo do rei (1), canghrexo ghallegho (1), carangueixo (1), caranguexo (7), caranquexa (1), caranquexo (2), cranghexo (1), ghabato (1), ghaiba (2), lánguicho (1), nácara (1), nacra (2), vaca mona (1), xacra (1) e zampeña (1).
Rosa Ramonell, na súa Guía e mariscos de Galicia,[4] dálle a esta especie o nome principal de cangrexo, admitindo como sinónimos anacra, cangrexo, carangueixo, ghaiba e nacra.
Finalmente, Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario, optan por cangrexo, admitindo como sinónimo cangrexo verde.[2]
Noutros idiomas, segundo Lahuerta e Vázquez, a especie Carcinus maenas coñécese cos nomes seguintes:[2]
As pricnipais caracterísricas morfolóxicas do cangrexo común son:[4][8]
A coloración de Carcinus maenas varía enormemente, desde unha cor maxenta até unha verde abrancazada. Esta variación ten unha compoñente xenética, pero débese en gran parte a factores ambientais locais.[11][12]
En particular, os individuos que se atrasan na écdise (muda) adquiren unha coloración máis avermellada. Os individuos vermellos son máis fortes e máis agresivos, e son menos tolerantes en situacións de tensión ambiental, como baixa salinidade ou hipoxia ambiental.[13]
Carcinus maenas pode vivir sobre todo tipo de estratos: rochosos, areosos, lamacentos, tanto abrigados como batidos polas ondas, en zonas tipicamente mariñas ou en estuarios, e mesmo, temporalmente, en ambientes hipersalinos. Soporta, por tanto, grandes variacións de salinidade, e tamén condicións estresantes debidas a contaminación por efluentes industriais e urbanos.[8]
A especie realiza nestes medios desprazamentos e migracións complexas:[14]
Outros movementos poden estar ligados á muda, á idade etc. Na zona infralitoral, Carcinus amenas acantóase a profundidades de menos de 10 m, aínda que se poden encontrar en fondos de até 200 m.[18]
O cangrexos "verdes" presentan unha resistencia superior á dos "vermellos" ante as variacións dos parámetros do medio (especialmente á salinidade) e da contaminación. Así, encóntranse adoito en estuarios, mentres que os cangrexos vermellos son específicos de ambientes máis francamente mariños.[12][19].
A pesar do seu pequeno tamaño e ao seu débil medio de locomoción, as larvas e as poslarvas (megalopas) realizan desprazamentos de grande amplitude en mar aberto. Logran situarse en diferentes alturas na columna de auga e así aproveitar as correntes que as afastan da costa ou as acercan. Estes cambios no nivel (migracións verticais) requiren soamente desprazamentos duns poucos metros.
As larvas zoea I efectúan unha migración vertical ascendente na columna de auga durante a marea (marea descendente) e deste xeito afástanse da costa e dispérsanse.[20] Pola contra, as megalopas (poslarvas) son abundantes na superficie cerca da orela, no momento do abalo (subida da marea), particularmente na noite. Ademais estas megalopas están daquela na fase final do seu estadio. Poden entón instalarse no fondo, nas partes altas da preamar, e mudar rapidamente ao estado de xuvenís (estadio cangrexo I).[21] Estes comportamentos das zoeas e megalopas favorecen os intercambios xenéticos entre ppoboacións, reducen as "perdas" de larvas e permiten a instalación de xuvenís en lugares compatíbeis coa vida dos adultos.
Os cangrexos xuvenís ocupan as partes altas zona intermareal que no son cubertas en todas as mareas. Nas súas mudas, nas cales os animais deben absorber auga para estirar a súa nova cutícula, efectúanse principalmente nos momentos de preamar e máis particularmente nas mareas vivas, é dicir, cando teñen máis probabilidade de ser cubertos pola auga.[22]
O cangrexo común é esencialmente carnívoro, e ataca a unha gran variedade de presas (cnidarios, anélidos, crustáceos, moluscos, equinodermos, peixes etc.). Tamén pode ser ocasionalmente caníbal e preeiro. Pola súa parte, é a presa de numerosas especies no curso do seu ciclo vital (animais filtradores, comedores de plancto, xibas e luras, numerosos peixes, aves mariñas e mesmo o home). Esta especie, debido á súa abundancia e á súa ampla distribución nas costas, desempeña un papel importante na ecoloxía de ambientes costeiros.[14]
C. maenas sofre a acción de varios parasitos, dos que o máis visíbel é a saculina (Sacculina carcini) que se presenta baixo a forma dun saco de cor amarela ou máis ou menos apardazada aloxada no espazo entre o cefalotórax e o abdome do animal.
O machos pelexan entre si pola posesión das femias. O seu tamaño é un factor importante no seu éxito: os grandes machos "vermellos" teñen unha taxa de éxitos maior que a dos cangrexos "verdes".[12] Pola contra, a perda dunha pinza, especialmente a máis grande, é un hándicap.[23][24]
O desenvolvemento da cópula pode resumirse así:[14] O macho, que ten a cutícula dura, selecciona á ima femia uns días antes da muda. A parella empeza entón a precópula; o macho cabalga á femia, cuxa superficie dorsal aplica contra a súa cara ventral, e a mantén fiuxa grazas ao seu segundo par de patas, e conserva a súa mobilidade así como o uso defensivo dos seus quelípodos (pinzas). Cando a femia muda a súa casca, e a súa nova cutícula é daquela moi branda, o macho xíraa 180 °. A parella está entón en posición de cópula, con ambas as caras ventrais enfrontadas. O macho introduce os seus estiletes copuladores nos orificios xenitais da femia e inxecta o seu espermatóforo, que contén os espermatozoides, que son inmóbiles.
Este comportamento proporciona protección á femia nun momento no que é particularmente vulnerábel (coa cuncha branda), o que fai aumentar as súas posibilidades de sobrevivir e participar, polo tanto, no éxito reprodutivo da especie. A atracción que exerce sobre os machos é o resultado da emisión dunha substancia química (feromona) na urina da femia. Esta molécula podería xerarse nunha pequena glándula situada no segmento distal da uretra.[25]
Os espermatozoides poden conservarse nas espermatecas das femias durante varios meses antes de que se produza a fecundación dos óvulos e a desova. No momento da desova, os ovos (moitos, acercándose aos 200.000 nas femias grandes), constitúen unha masa de cor amarela ou alaranxada, fixada aos pleópodos; gradualmente van tornándose grises, en parte debido ao desenvolvemento dos ollos negros do embrión.
A eclosión libera unha larva deominada prezoea,[26] que muda despois de poucos minutos para dar lugar á primeira zoea (zoea I) á que seguen tres estadios do mesmo tipo: zoea II, zoea III e zoea IV. As larvas zoea, planctónicas, nadan grazas aos movementos da rama externa dos dous primeiros pares de maxilípedos.
A zoea IV muda para dar lugar a unha larva megalopa (tamén chamada poslarva) que se parece, a grandes trazos, a un cangrexo, pero que nada grazas aos seus pleópodos. A megalopa, inicialmente planctónica, transfórmase despois doutra muda nun pequeno cangrexo, o chamado estadio xuvenil I, no que a anchura do cefalotórax é duns 5 mm, e que xa é bentónico.
A totalidade do desenvolvemento larvario, desde a eclosión até o estadio xuvenil I, dura ao redor de 60 días á temperatura de 12 °C.
No canal da Mancha e zonas veciñas pódense encontrar individuos reprodutores todo o ano, pero as cópulas teñen lugar sobre todo á fin do verán, e as femias ovíxeras obsérvanse sobre todo en inverno e na primavera.[27]
Os xuvenís aparecen en zonas lodosas principalmente de xuño a setembro, no mar de Wadden.[15]
O cangrexo común é unha especie comestíbel, pero de baixa calidade. En Galicia non se comercializa.[4]
Porén, nalgúns países é aínda hoxe é obxecto de pesca artesanal mediante o emprego de cangrexeiras.[8] Nalgunhas zonas é apreciada como ingrediente na preparación de salsas e sopas (especialmente da de mariscos).
Úsase tamén como engado, por exemplo, da robaliza (Dicentrarchus labrax). E tamén da dos cornos Buccinum undatum e Charonia lampas, que son fontes de quitina, polo que a pesca destes moluscos desenvolveuse nas últimas décadas.
En Galicia é moi común en todo o país, abundando na zona intermareal, nas pozas das rochas en marea baixa, praias, sobre fondos de area a pouca profundidade, e baixo os polígonos de bateas.[8]
A primeira cita en augas galegas data de 1933 na ría de Ferrol.[28]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.