Campo da Leña (A Coruña)
zona urbana da cidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
zona urbana da cidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría.[1] Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.[2]
O campo da Leña era no que se celebraban mercados de forma regular.[3] O nome proviña das mulleres que vendían alí a leña que recollían.[2] Por este motivo a principios do século XX chegouse a formular a idea de construír nesta zona o novo mercado en lugar de en Santo Agostiño.[3]
No mesmo lugar tiñan lugar ademais execucións, polo que tamén recibía o nome popular de “campo da Forca”.[4][5] Alí foi executado Juan Díaz Porlier en 1815, que é lembrado nun monumento de Francisco Escudero[6] inaugurado en 1986[7][8] e que foi resituado en 2011.[9]
A construción na década de 1940 dun edificio dividiu o campo en dúas partes,[1] bautizadas como “praza de España” e “praza de Millán-Astray”, na que se colocou un monumento a este xeneral que foi retirado o 22 de xaneiro de 2010.[10] En 2011, coa reforma da área recuperouse a nomenclatura “campo da Leña”.[9]
En 2015 cambiouse o nome da praza de Millán-Astray polo de “praza das Atochas”.[11]
A rúa que arrodea o colexio Grande Obra da Atocha foi bautizada en 1999 como Baltasar Pardal Vidal, que fundou a institución e do que tamén existe un monumento.[12]
O campo da Leña, no que remata a rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña.[13] Como homenaxe a esta festa e ao San Xoán, en 2021 colocouse na zona a escultura "Sardiña", de Miguel Couto.[14]
Na praza das Atochas ten a súa fachada principal o cuartel de Atocha, construído en 1864.[15][16]
Entre os edificios catalogados no campo da Leña están:[17]
No campo da Leña existiu ata 1947 unha capela dedicada a San Roque,[18][19] con fachada na rúa do Hospital.[20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.