máxima categoría da liga portuguesa de rugby a 15 masculino From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Portugués de Rugby é a liga de rugby de Portugal. A Divisão de Honra, chamada Campeonato Super Bock por razóns de patrocinio, é a máxima categoría sénior masculina. O torneo naceu na tempada 1958/59, e na actualidade conta con 10 equipos. O club máis laureado é o CDUL, que gañou 20 títulos. O vixente campión é o Belenenses.
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Organizador | Federación Portuguesa de Rugby |
Número de participantes | 10 |
Localización e Datas | |
País | Portugal |
Vixencia | 1958 – |
Outro | |
Páxina web oficial | fpr.pt… |
A fundación da Federación Portuguesa de Rugby (FPR), o 23 de setembro de 1957, e a toma de posesión dos Corpos Sociais da Federación polo seu socio fundador, a Asociación de Rugby de Lisboa (ARL), terminando deste xeito a súa actividade en xullo de 1958, levaron a que a primeira edición do campionato portugués de rugby, chamado Campeonato de Portugal se realizase na tempada 1958-59; o campión foi o CF Os Belenenses. Nesa época, nove equipos sénior loitaran polo título, sendo catro universitarios e todos da rexión de Lisboa, coa excepción da Académica de Coimbra. Foi tamén nesa tempada na que tivo lugar a primeira edición da Copa de Portugal.
Nas décadas dos anos '60 e '70, viviuse un gran crecemento na práctica do rugby en Portugal; os clubs universitarios eran cada vez máis, e a implantación do rugby cara ao Norte e cara ao Sur de Lisboa foron determinantes. Despois de 1974, coa Revolución dos caraveis, á par doutras modalidades deportivas, o rugby ten un gran crecemento debido á creación de categorías inferiores, que posibilitaron a práctica deste deporte por parte dos máis xoves. En 1965, produciuse a primeira edición da Copa Ibérica que puña fronte a fronte aos campións e subcampións de Portugal e España.
Con todo, este crecemento coincidiu cun período, entre 1974 e 1979, no que os séniores deixaran de competir internacionalmente, atrasando o nivel competitivo da modalidade no país luso. A aposta nas seleccións nacionais dos máis xoves, e o contacto con equipos semellantes do estranxeiro, formaran unha vasta gama de bos xogadores, que nas décadas de 1980 e 1990 contribuísen para unha mellora da calidade do rugby portugués.
A partir de 1990 o rugby entrou nunha fase menos boa da súa evolución en Portugal; os impulsos na modalidade, nos anos 70 polo Estado, e despois, nos anos '80, polas asociacións de rugby nacionais, deixaran de ser tan abundantes. O reducido número de practicantes (eran 2008 en 1995, dos cales un terzo eran séniores) atrasou moito o desenvolvemento. A pesar das dificultades, nese ano a creación do rugby feminino e unha posible profesionalización da modalidade, veñen darlle un novo alento ao rugby portugués.
Até a tempada 2004/05 o campión da liga era o primeiro clasificado na táboa. Dende que na tempada 2005/06 se instalou o sistema de eliminatorias polo campionato unha vez rematada a fase de liga regular (play-off) tan so dúas veces acadou o título o primeiro clasificado na táboa:
Pos. | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Belenenses | Agronomia | Agronomia | Agronomia | Agronomia | CDUL | CDUL | CDUL | Direito | CDUL | CDUL | Agronomia | Agronomia | Belenenses |
2º | Direito | Direito | CDUL | Direito | Direito | Direito | Agronomia | Belenenses | CDUL | Direito | Direito | Direito | Belenenses | Agronomia |
3º | Agronomia | CDUP | Belenenses | Belenenses | Belenenses | Agronomia | Direito | Direito | Tecnico | Tecnico | Cascais | CDUL | Cascais | Tecnico |
4º | Benfica | CDUL | Benfica | CDUL | CDUL | Belenenses | Academica | Agronomia | Agronomia | Cascais | Tecnico | Belenenses | Direito | CDUL |
5º | CDUP | Benfica | Direito | Benfica | Academica | Academica | Belenenses | CDUP | Belenenses | Agronomia | Agronomia | Cascais | CDUL | Direito |
6º | Tecnico | Belenenses | CDUP | CDUP | Benfica | Benfica | CDUP | Academica | Academica | Belenenses | Belenenses | Tecnico | Academica | CDUP |
7º | CDUL | Tecnico | Cascais | Tecnico | Tecnico | Tecnico | Benfica | Tecnico | Cascais | CDUP | CDUP | Academica | CDUP | Cascais |
8º | Academica | Cascais | Academica | Cascais | CDUP | CRAV | Tecnico | Cascais | CDUP | Academica | Academica | CDUP | Tecnico | Academica |
9º | - | - | - | - | - | - | - | CRAV | CRAV | CRAV | Lousa | Montemor | Montemor | - |
10º | - | - | - | - | - | - | - | Benfica | Montemor | Montemor | CRAV | Lousa | Benfica | - |
11º | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Lousa | - |
12º | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Evora | - |
Dende a creación da liga portuguesa de rugby só 8 equipos acadaron o título de campións.
Títulos | Club | Campionatos |
---|---|---|
20 | CDUL | 1964, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1971, 1972, 1974, 1978 1980, 1982, 1983, 1984, 1985, 1989, 1990, 2012, 2014, 2017 |
12 | Direito | 1999, 2000, 2002, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2015 2016, 2023 |
9 | Benfica | 1960, 1961, 1962, 1970, 1976, 1986, 1988, 1991, 2001 |
9 | Belenenses | 1959, 1963, 1973, 1975, 2003, 2008, 2018, 2022, 2024 |
6 | Cascais | 1987, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996 |
4 | Académica | 1977, 1979, 1997, 2004 |
3 | Tecnico | 1981, 1998, 2021 |
2 | Agronomia | 2007, 2019 |
A liga portuguesa naceu como sucesora da liga de Lisboa, que se viña disputando dende 1926.
|
|
|
A sección de rugby do "Atletico Futebol Clube" muda o seu nome a "Associação dos Estudantes de Agronomia" de xeito que é o mesmo equipo con dous nomes diferentes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.