Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cabalgata dos Reis Magos é un desfile de carrozas típico, nas cidades españolas e algunhas mexicanas, no que os Reis Magos (Melchor, Gaspar e Baltasar) e os seus paxes e axudantes lanzan caramelos e pelotas aos nenos que os observan desde a rúa.
Celébrase cada 5 de xaneiro pola tarde. Ao chegar a noite os nenos deben deitarse temperán e á mañá seguinte, no día da Epifanía, teñen os agasallos dos Reis Magos que solicitaron previamente nunha carta. Segundo a tradición os nenos que se portaron mal durante o pasado ano reciben carbón de caramelo.
O primeiro rastro documentado sobre a orixe da cabalgata do día de Reis, remóntase ao 5 de xaneiro de 1855 no "Diario de Barcelona".
A Cabalgata dos Reis Magos de Alcoi pasa por ser a máis antiga de España e, por iso, do mundo, estando documentada desde 1866.
Así mesmo consta que, en 1876, empezouse a celebrar a Cabalgata dos Reis Magos de Ibi, localidade próxima a Alcoi, deixando de celebrarse algúns anos da década dos 30 e retomándose nos 40, da man de José Vicedo García e Pascual Rico Bellod.
En Galicia a primeira cabalgata dos Reis Magos realizouse na Coruña, organizada pola Liga de Amigos, en 1909[1] e non tivo continuidade; ao longo dos anos diversas asociacións organizaron esporadicamente outras en varias localidades galegas, como a de 1929 en Vigo pola Asociación da Prensa [2]. Non foi ata 1938 coa cabalgata que organizou a Falanxe[3] que a cabalgata comezou a ter continuidade na Coruña e logo noutras cidades galegas.
Desde 2009 hai tamén en Polonia cabalgatas dos Reis Magos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.