From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Baloncesto Zaragoza, coñecido por motivos de patrocinio como Azulejos Moncayo CBZ, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 1981, é un dos equipos fundadores da Liga ACB, aínda que actualmente compiten na cuarta categoría, a Liga EBA. Durante os anos na elite do baloncesto, o equipo foi principalmente coñecido co nome de CAI Zaragoza. Entre os seus éxitos destacan dúas Copa do Rei e un subcampionato da Copa Saporta. Este equipo non debe confundirse co Basket Zaragoza 2002, equipo que representa á cidade actualmente na ACB.[1]
Club Baloncesto Zaragoza | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | EBA |
Fundación | 1981 |
Cores | Vermello, branco, negro |
Presidente | José Luis Rubio |
Adestrador | Toño Martín |
Patrocinador | Azulejos Moncayo |
Localización | |
Cidade | Zaragoza, España |
Pavillón | Pabellón Polideportivo Universitario |
Campionatos | |
Copa do Rei | 2 (1984, 1990) |
cbzaragoza.com |
En 1981 o Centro Natación Helios non pode manter o apoio económico á súa sección de baloncesto para poder xogar en Primeira División. Ante este feito, José Luís Rubio, presidente do Club Baloncesto Helios, decide en unión dos seus compañeiros de xunta directiva e abonados do club, separarse e fundar o Club Baloncesto Zaragoza. Na primeira temporada (1981−1982) a masa social era duns 450 abonados. A data histórica máis transcendental para a vida do club prodúcese en xullo de 1982 cando se chega a un importante acordo de patrocinio coa Caja de Ahorros de la Inmaculada (do castelán: Caixa de Aforros da Inmaculada). Asegurábase así a continuidade dun club na elite do baloncesto nacional. A partir dese contrato, o club pasou a chamarse CAI Zaragoza.
O Zaragoza é un dos clubs fundadores da ACB e disputou a súa competición durante catorce temporadas ininterrompidas, entre 1983 e 1996. Durante o seu periplo na elite, o Zaragoza conquistou dúas Copas do Rei: a de 1984 ante o FC Barcelona[2] e a de 1990 ante o Joventut Badalona,[3] sendo finalista en 1992 ante CB Estudiantes e 1995 ante Taugrés Vitoria. Ademais, foi o terceiro clasificado da Liga ACB nas temporadas 1986−1987 e 1987−1988, tan só por detrás do Barcelona e o Real Madrid. A nivel europeo, o CAI foi subcampión da Recopa de Europa de 1991 ao perder a final, disputada en Xenebra, contra o PAOK Complan por 76−72. Ao finalizar a temporada 1995−1996, o primeiro equipo foi expulsado da ACB por problemas económicos; manténdose unicamente en competición algúns conxuntos das categorías inferiores. Actualmente o club conta cun equipo sénior que compite en Liga EBA.
Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
A seguinte é unha lista dos adestradores do Zaragoza na súa etapa na Liga ACB.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1981–82 | 1 | 1ª División | 6º | 15–11 | ||||||||
1982–83 | 1 | 1ª División | 4º | 16–1–9 | Oitavos de final | 3 Copa Korać | CF | 5–3 | ||||
1983–84 | 1 | ACB | 4º | 20–16 | Campións | 3 Copa Korać | SF | 7–1 | ||||
1984–85 | 1 | ACB | 8º | 17–16 | Copa Asociación | 2º | 2 Copa Saporta | SF | 5–3 | |||
Supercopa | 2º | |||||||||||
1985–86 | 1 | ACB | 4º | 21–11 | Cuarto lugar | 3 Copa Korać | R2 | 3–1 | ||||
1986–87 | 1 | ACB | 3º | 21–12 | Semifinais | Copa Príncipe | OF | 3 Copa Korać | SF | 5–5 | ||
1987–88 | 1 | ACB | 3º | 18–17 | Cuartos de final | Copa Príncipe | SF | 3 Copa Korać | CF | 3–5 | ||
1988–89 | 1 | ACB | 4º | 23–18 | Semifinais | 3 Copa Korać | CF | 4–4 | ||||
1989–90 | 1 | ACB | 9º | 20–19 | Campións | 3 Copa Korać | FG | 6–4 | ||||
1990–91 | 1 | ACB | 6º | 22–16 | Cuartos de final | 2 Copa Saporta | 2º | 8–3 | ||||
1991–92 | 1 | ACB | 5º | 28–11 | Subcampión | 3 Copa Korać | FG | 6–4 | ||||
1992–93 | 1 | ACB | 7º | 19–18 | Cuarto lugar | 2 Copa Saporta | SF | 10–6 | ||||
1993–94 | 1 | ACB | 14º | 12–19 | Terceira rolda | 3 Copa Korać | FG | 2–8 | ||||
1994–95 | 1 | ACB | 6º | 24–17 | Subcampión | |||||||
1995–96 | 1 | ACB | 7º | 25–15 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | FG | 3–7 | ||||
1996–01 | Non participou en ningunha competición | |||||||||||
2001–02 | 4 | Liga EBA | 13º | 12–22 | ||||||||
2002–03 | 4 | Liga EBA | 9º | 14–16 | ||||||||
2003–04 | Non participou en ningunha competición | |||||||||||
2004–08 | Categorías inferiores | |||||||||||
2008–09 | 6 | 1ª División | 13–13 | |||||||||
2009–10 | 5 | 1ª División | 9º | 10–16 | ||||||||
2010–11 | 5 | 1ª División | 3º | 19–6 | ||||||||
2011–12 | 5 | 1ª División | 1º | 25–1 | ||||||||
2012–13 | 5 | 1ª División | 1º | 20–5 | ||||||||
2013–14 | 5 | 1ª División | 1º | 22–4 | ||||||||
2014–15 | 5 | 1ª División | 1º | 19–4 | ||||||||
2015–16 | 5 | 1ª División | 1º | 17–3 | ||||||||
2016–17 | 5 | 1ª División | 2º | 16–4 | ||||||||
2017–18 | 5 | 1ª División | 2º | 10–5 | ||||||||
2018–19 | 5 | 1ª División | 2º | 16–5 | ||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.