antiga cidade do sur de Albania From Wikipedia, the free encyclopedia
Butrint (en grego: Βουθρωτόν e Βουθρωτός[1], en latín: Buthrōtum, en albanés: Butrint) foi unha antiga polis grega e posteriormente unha cidade romana e a sé dun bispado cristián primitivo en Epiro. Orixinalmente, era o asentamento da tribo grega dos caonios,[2][3][4] posteriormente formou parte do estado de Epiro e despois foi unha colonia e bispado romanos. Entrou en declive na Antigüidade tardía, antes de ser abandonada durante a Idade Media despois de que un gran terremoto inundase a maior parte da cidade. No presente é un importante sitio arqueolóxico do condado de Vlorë, en Albania, a uns 14 quilómetros ao sur de Sarandë e preto da fronteira con Grecia. Está situado nun outeiro con vistas á canle de Vivari e forma parte do Parque Nacional de Butrint. Hoxe Bouthrotum é unha sé titular católica latina e tamén conta co castelo de Ali Pasha.
(sq) Butrint | ||||
Tipo | sitio arqueolóxico da Grecia antiga | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Butrint (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Sarandë municipality, Albania (en) e Condado de Vlorë, Albania | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 3.980 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1992 (16ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 1999 | |||
En perigo | 1997 - 2005 | |||
Identificador | 570 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1997-2005 | lista do Patrimonio Mundial en Perigo | |||
1999 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
Páxina web | butrint.al | |||
A cidade é considerada un dos máis importantes sitios arqueolóxicos de Albania. Debido ao seu enorme valor cultural, histórico e natural cunha historia considerable, Butrint foi declarado Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1992 e ademais é un parque nacional dende 2000.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.