representación artística da parte superior do corpo humano From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase busto á parte superior do corpo humano, dende o pescozo ata a cintura. Tamén se chama busto á a representación artística da cabeza e a parte superior do tórax dunha persoa[1]. Pode ser unha escultura, unha pintura, un debuxo ou un gravado. Inclúe a cabeza, os ombreiros, o nacemento dos brazos e o peito, ou parte del. Non se considera un fragmento parcial dunha obra, senón que é, en si mesmo, a obra completa.
En escultura, un busto é a representación dunha persoa limitada ao peito, ombreiros e cabeza, e xeralmente acompañada dun pedestal. A arte de representar en busto ven da antigüidade, e aínda que existen exemplares do Antigo Exipto (en realidade, cabezas funerarias ou modelos de taller), e da Grecia antiga, foi no Imperio Romano cando este tipo de escultura acadou a súa maior popularidade. Comunmente, o representado é un individuo de importancia.
Os materiais empregados son diversos, destacando o mármore, o bronce, o granito, a terracota e a madeira.[2]
Durante o Renacemento , en pintura , a expresión “en busto” designa unha representación que quere abandonar a representación do suxeito de corpo enteiro.
A diferenza da representación de corpo enteiro, esta forma de representar un personaxe (case sempre as tres cuartas partes) nunha pintura axusta a composición e permite centrar a atención do espectador nos detalles do rostro, con máis intimidade. Moitas Madonnas de Rafael representan así á Virxe en tres cuartos e humanizan aos santos presentes na representación para unha maior devoción.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.