From Wikipedia, the free encyclopedia
Busby Berkeley William Enos, nado nos Ánxeles (California) o 29 de novembro de 1895 e finado en Palm Desert, no mesmo estado, o 14 de maio de 1976 foi un director de cinema e coreógrafo estadounidense, famoso polos seus elaborados números musicais que incluían complexas figuras xeométricas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1895 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de marzo de 1976 (80 anos) Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Desert Memorial Park (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, director teatral, actor, coreógrafo, realizador |
Período de actividade | 1901 - 1971 |
Familia | |
Cónxuxe | Merna Kennedy (1934–1935) Esther Muir (1929–1931) |
|
Berkeley era fillo da actriz teatral Gertrude Berkeley. Entre os amigos da súa nai estaban a actriz Amy Busby e o actor William Gillette, que deron o seu nome ao seu afillado, Busby Berkeley William Enos.[1] Ademais de no teatro, Gertrud traballou no cinema mudo cando Berkeley era un neno. Berkeley debutou no teatro con cinco anos na compañía familiar.
Durante a segunda guerra mundial, Berkeley serviu como tenente de artillaría. Na década de 1920 traballou como director de danza para case dúas ducias de musicais de Broadway, con éxitos como A Connecticut Yankee. Como coreógrafo interesáballe máis a posibilidade de realizar coas coristas figuras xeométricas.
Os seus primeiros traballos foron nos musicais de Eddie Cantor para Samuel Goldwyn, onde comezou a desenvolver técnicas como o “desfile de caras” (individualizando cada corista con primeiros planos), e movendo as súas bailarinas polo escenario con figuras caleidoscópicas. Tivo bastante grao de independencia na dirección dos números musicais, distinguíndoos claramente das partes narrativas dos filmes. A súa popularidade entre o público aumentou durante a Gran Depresión cando coreografou catro musicais para Warner Bros.: 42nd Street, Footlight Parade, Gold Diggers of 1933 e Fashions of 1934. Os números foron en ocasións criticados pola explotación da figura feminina e polo seu retrato do colectivismo.
En setembro de 1935 foi o condutor responsable dun accidente automobilístico no que morreron dúas persoas e outras cinco foron feridas de gravidade, entre elas o propio Berkeley. [2] Berkeley, levado ao xuízo nunha padiola,[3] escoitou as testemuñas que falaban do choque e de certo olor a licor. Tras dous xuízos por homicidio en segundo grao nos que o xurado chegou a un punto morto, no terceiro xuízo foi absolto.
En 1939 pasou á dirección de filmes con Fixéronme un criminal, filme de John Garfield. Tras algúns problemas na Metro-Goldwyn-Mayer[4] pasou a 20th Century-Fox en 1943, con The Gang's All Here, co número "Lady in the Tutti-Frutti Hat", de Carmen Miranda. A súa última coreografía foi para o filme de MGM Billy Rose's Jumbo (1962).
A finais da década de 1960 o gusto polo “camp” devolveu os musicais de Berkeley á primeira liña, e entrou entón no circuíto universitario de conferencias. Ao cumprir setenta e cinco anos volveu a Broadway e dirixiu unha nova versión de No No Nanette.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.