Palm Desert, California
From Wikipedia, the free encyclopedia
Palm Desert é unha cidade do condado de Riverside, no estado de California, no val de Coachella (área de Palm Springs), a uns 15 quilómetros ao leste de Palm Springs. Outras cidades no Val Coachella son Cathedral City, Coachella, Desert Hot Springs, Indian Wells, Indio, La Quinta, Palm Springs e Rancho Mirage.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado de Riverside (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 51.163 (2020) (731,16 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 24.335 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Inland Empire (pt) (Poboación:4.599.839) | ||||
Superficie | 69,975518 km² | ||||
Auga | 0,7557 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 67 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1973 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 92210, 92211, 92255, 92260, 92261 | ||||
Prefixo telefónico | 760 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cityofpalmdesert.org |
A súa poboación era de 48.445 habitantes no censo do ano 2010. A cidade foi unha das que tivo un maior crecemento no estado durante as décadas dos 80 e 90, comezando con 11.801 habitantes en 1980, dobrando a poboación ata acadar os 23.650 en 1990, e os 35.000 en 1995.
Demografía
Palm Desert é o centro de maior desenvolvemento na área de Palm Springs. Palm Desert é un centro moi popular de concentración de pensionistas que veñen fuxindo dos fríos invernos do Canadá e do resto dos Estados Unidos, quen engrosan a súa poboación durante estes meses.
Segundo o censo americano de 2000, a súa poboación era de 41.155 habitantes.[1] En 2006, foi estimada unha poboación de 47.047,[2] un aumento de 5.892 (14,3%).
Xeografía
De acordo co United States Census Bureau ten unha área de 63,7 km², das cales 63,1 km² son de terra e 0,6 km² cubertas por auga.
Cidades irmandadas
Palm Desert atópase enmarcada no programa de irmandade de cidades do mundo, designado polo Sister Cities International Inc.
- Wollongong, Australia
- Osoyoos, Canadá
- Haifa, Israel
- La Paz, México
- Zihuatanejo, México
- Gisborne, Nova Zelandia
- Porto Elizabeth, Suráfrica
Puntos de interese
- Xardín Botánico e Zoolóxico Living Desert
- El Paseo, centro de Palm Desert e a súa rúa comercial principal
- Sun City Palm Desert
- College of the Desert
Localidades veciñas
O diagrama seguinte representa as localidades nun radio de 16 km ao redor de Palm Desert.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.